Este pasado xoves pola noite (25 de agosto, 2011), organizacións terroristas desde a Franxa de Gaza continuaron lanzando mísiles e morteiros cara a Israel. Durante un dos ataques varios morteiros impactaron no paso fronteirizo de Erez, no momento en tres mulleres palestinas e dous rapaces estaban cruzando de regreso á Franxa de Gaza, logo de recibir tratamento médico en Israel, causando dano á infraestrutura e a unha terminal de electricidade. O apagón eléctrico desactivou os accesos no paso. Dúas das mulleres lograrón pasar de maneira segura pero a terceira, xunto coa súa filla, quedaron atrapadas entre dúas portas desactivadas mentres caían os disparos desde Gaza. O comandante do paso de Erez e outro oficial de seguridade rescataron á muller e á súa filla. Todas as mulleres palestinas foron levadas cara a un refuxio protexido no paso, onde se lles proporcionou comida cara ao fin do xaxún diario de Ramadan. Grupos terroristas na Franxa de Gaza dispararon máis de 15 mísiles e morteiros cara a Israel o xoves pasado, causando severos danos no paso de Erez. O paso fronteirizo de Erez é utilizado para o movemento de palestinos e membros de delegacións estranxeiras de organizacións internacionais para entrar e saír desde a Franxa de Gaza. Salientar que é a segunda vez durante a semana que o Paso de Erez foi atacado por mísiles e morteiros. A pesar dos ataques con mísiles desde Gaza, o Paso de Erez continuou funcionando nos últimos días, permitindo o paso de pacientes, médicos palestinos e membros de staff de organizacións internacionais. O paso de mercadurías cara a Gaza continuou funcionando cunha media de 150 camións diarios. Unha boa pregunta é por qué os grupos terroristas palestinos disparan ao Paso fronteirizo?
Comentarios