Erekat rexeita a proposta dun debate con Ayalon

O Viceministro de Relacións Exteriores israelí dixo sobre a negativa do negociador palestino a unha cara a cara público: "Os palestinos só poden debater de maneira unilateral".
A semana pasada, Ayalon propuxera un cara a cara público con Erekat sobre temas relacionados co conflito israelí-palestino logo de que Erekat enviase un durísimo comunicado de prensa oficial no que dicía que o último vídeo de YouTube de Ayalon, "A verdade sobre Cisxordania", era unha "versión da historia e da lei internacional falsificada".
"Estou máis que sorprendido de que Erekat rexeitase a miña oferta dun debate aberto e público, especialmente considerando que estaba o suficientemente preocupado sobre o noso vídeo para lanzar un comunicado oficial de prensa de dúas páxinas", dixo Ayalon.
"Erekat está afeito a dicirlle ao mundo que as políticas de Israel son ilegais e contra as leis internacionais e ofrecinlle a oportunidade de soster as súas propias declaracións e estase mostrando incapaz ou remiso a facelo", agregou.
"Como as súas políticas diplomáticas, parece que a Autoridade Palestina só pode debater de maneira unilateral", resaltou.
O vídeo, dado a coñecer hai dúas semanas, xa ten un cuarto de millón de vistas a nivel mundial e está a alentar o debate sobre a posición israelí sobre Judea, Samaria, as comunidades xudías e a lei internacional.
"Erekat foi moi rápido en reaccionar ao vídeo cando foi emitido, pero agora a súa negativa fala de falta dun liderado político da Autoridade Palestina que evita o debate público desde hai moito tempo. E demostra que a súa retórica son palabras baleiras e slogans que se derruban como un castelo de naipes unha vez que é posto a proba", expresou.

Eis o video da polémica:

Comentarios