Antisemitismo de esquerda. Unha carta a Rebelión






Por Gennaro Carotenuto



Carta aberta a REBELIÓN:



Benqueridos amigos de Rebelión,

Leo con pracer todos os días Rebelión e achego ás veces cos meus propios artigos. Considéroo un medio indispensábel. Con todo, non podo deixar pasar o artigo publicado hoxe (http://www.rebelion.org/noticia.php?id=35090) que asina Denise Shomaly, sen dar resposta ao considero é exemplificativo dun fenomeno moi grave: o antisemitismo de esquerda.
Cunha secuencia notábel de lugares comúns, algúns bastos, outros arrepiantes, Shomaly descobre que se fala máis da Shoah que do xenocidio de Ruanda ou que nunha cidade como Nova York, onde vive máis dun millón de persoas de cultura ou relixión hebraica, fálase con frecuencia de comida kosher. Simplemente: e que?

Coñecemos o planeta onde vivimos e o Occidente onde moramos e, que nos guste ou non, a Shoah é unha traxedia descomunal, ao noso mundo e á nosa cultura Occidental. Isto non fai que un morto en Ruanda sexa menos importante dun morto nos campos de concentración en Polonia pero é sobre os nosos xenocidios pasados e futuros que a cultura occidental ten que interrogarse. Vemos día a día fomentar un odio racial con trazos parecido contra os nosos inmigrados de relixión musulmá. O branco muda, pero os verdugos son os mesmos, e seguen vivindo entre nós. Os netos dos antisemitas dos anos 30, silencian hoxe por oportunismo o seu antisemitismo -que permanece- e soltan o seu antiislamismo, outra cara da medalla racista da sociedade occidental.

É pleonástico lembrar que é o Estado de Israel -e non "os xudeus"- un aliado fundamental do Imperio estadounidense. Combato as violacións de dereitos humanos do estado de Israel e non as de "os xudeus", por que as violacións de dereitos humanos non teñen relixión. Isto vale aínda máis cando o Estado de Israel vaia afortalando a súa identidade confesional e apertando os espazos laicos. O paradoxo é que tampouco o fundamentalismo, protestante, islámico, xudeu teña relixión. É simplemente unha arma das dereitas de sempre. Cando vou a Palestina, os meus compañeiros son ateos, xudeus, musulmáns e cristiáns, indiferentemente. Viven en Nazareth, Tel Aviv, Xerusalén, Jenín, Belen, aquí e alén do muro. A loita que combaten é para a convivencia e non para que chegue Shomaly a descubrir que as organizacións pacifistas en Israel están infiltradas con "xudeus". Tirando deste fio, tamén os Montoneros, tamén os Tupamaros estaban cheos de "xudeus". Era o lobby xudeu que tentaba tomar o poder en Latinoamérica?
O que con todo paréceme máis deplorábel do escrito publicado hoxe por Rebelion é facer pasar como un texto de investigación, un descubrimento sensacional, a que non é outra cousa que unha sinistra lista negra. Leo algo tétrico nas notas finais do artigo en cuestión. Todos os nomes que aparecen subliñados corresponden a persoas xudías. Pasei demasiadas horas da miña vida facendo investigacións en arquivos sobre a Segunda Guerra Mundial para non recoñecer esta fórmula: é a mesma que usaba a policía política italiana, a mesma que usaba a Gestapo. O feito que xente como Shomaly non teña o poder de pasar das listas negras aos feitos non me tranquiliza moito.
Considero a Henry Kissinger un dos máis grandes criminais da historia. Con todo defenderei até a morte a Henry Kissinger se se asocian os seus crimes á súa orixe relixiosa. Asocialo é racismo, non ten outro nome. É racismo buscar quen pertence á relixión hebraica na xerencia de Disney, Paramount, CNN, Warner Bros. Imaxino que Shomaly senta moi orgullosa para descubrir cuantos Goldberg ou Cohen fixeron unha boa carreira no "show business" estadounidense. Non sei por que non se preocupa de cantos Gómez ou Rodriguez fixeron o mesmo. Sería un excelente achegue sobre o lobby católico no mesmo medio. Entre varias perlas Shomaly chega a escandalizarse de que Steven Spielberg, teña unha colección de filmografía privada sobre o xudaísmo. É probábel que teña tamén una sobre o neorealismo italiano e que por tanto outra Shomaly macartista o acuse de veterocomunismo e p inclúa noutra listaxe negra.
Queridos amigos de Rebelión, e conclúo,

non me preocupan nin os restaurantes kosher, nin os kebab, aínda que sigo preferindo comer pizza. En cambio preocúpanme moitísimo os que se escandalizan cando descobren o tal "banqueiro xudeu" e nunca se dan de conta que naquel mesmo lobby, ao carón do "xudeu" hai un "banqueiro católico", un "banqueiro protestante", outro budista, e por fin tamén algún banqueiro ateo e que todos xuntos, sen diferenzas raciais nin relixiosas actuan ao servizo do sistema capitalista que considera a ganancia como un valor moral.

Aterrorízame este antisemitismo de esquerda que asocia a alianza entre Israel e Estados Unidos -un feito xeopolítico- e as violacións de dereitos humanos cometidas polo Estado israelí para retomar prexuízos antisemitas desde o máis negro da nosa historia. Unha das ferramentas utilizadas polo goberno de ultradereita israelí é acusar quen o critica de antisemitismo. Lendo artigos como o de Shomaly debo tristemente admitir que o goberno israelí algunha razón ten. Agardo que os compañeiros de Rebelión fagan proprios estes interrogantes.
Con amizade
Gennaro Carotenuto
PD: Shomaly esqueceuse de Woody Allen! O Lobby xudeu progresista!
* Gennaro Carotenuto http://www.gennarocarotenuto.it/

Comentarios