Por André Sénik
Causeur - 11.08.2011
.
Noutros países do Oriente Medio, cando as multitudes se manifestan nas rúas contra o seu goberno, o goberno simplemente as masacra. Tal é a regra, tal é a normalidade da rexión. Mentres centos de miles de israelís manifestábanse en protesta contra as políticas sociais do seu goberno, como respondeu o goberno da súa nación? Ben, a verdade obríganos a recoñecer que fixo todo o posíbel por diferenciarse da práctica dos outros estados da rexión. Correndo o risco, inevitábel, de humillalos. Así pois, resulta totalmente inxustificábel que algúns dos "mellores amigos de Israel" durante décadas, vólvanlle a explicar que debe "adaptarse á rexión, levantinizarse", para así volverse un pouco menos intolerábel para os seus veciños.
Pero iso é factíbel? algunha vez será aceptábel para eles? Non se pode dicir que se coñece o meollo do conflito en tanto non se poida responder á primeira cuestión fundamental: "Que teñen que ver os xudeus con Xerusalén?".
E é que se Israel non está no seu lugar alí, non ten tampouco o seu lugar no concerto dos países do mundo. Un comentarista da violencia que se desenvolve agora mesmo en Gran Bretaña e antes nas rúas das cidades de Francia, observou con acerto que "todas as grandes cidades do mundo producen estes trastornos". Unha vez máis, Xerusalén e Tel Aviv achegan a proba negativa e estridente de que non forman parte das cidades do mundo. Esta teima dos xudeus de singulizarse en todas partes e a cada momento demostra unha arrogancia sen precedentes. Ademais, proporciona a confirmación de que existen razóns para indignarse contra ese suposto Estado de Israel do suposto pobo xudeu.

Comentarios