Os perigos do recoñecemento prematuro dun Estado palestino


Por Abdallah al-Hadlaq
.
Al Watan Kuwait - 22/07/2011
.
(Traducido do árabe)
Os acordos internacionais concernentes a paz no medio Oriente deben ser respectados

O bando palestino exhibe as resolucións 242, 338 e 1850 do Consello de Seguridade de Nacións Unidas e a Folla de Ruta para a Paz, que reclaman que, as solucións acordadas das disputas, sexan alcanzadas mediante conversacións directas, rexeitando actos unilaterais que socavan os parámetros aceptados internacionalmente para alcanzar a paz, e que definen os principios básicos para a paz bilateral.
Os palestinos esfórzanse por obter, o próximo mes de setembro, o recoñecemento prematuro dun "estado palestino", a pesar do perigo de desbaratar as conversacións de paz, implícitas nunha declaración unilateral.
Os acordos internacionais relativos á paz no medio Oriente deben ser respectados.
Israel os respecta, así como tamén o principio de negociacións directas sendo o único modo de resolver a disputa, mentres que - os palestinos- xa hai tempo abandonaron as conversacións directas de paz e, agora, actúan unilateralmente, tratando de impor un feito consumado sobre Israel, utilizando a presión unilateral.
Os palestinos queren cumprir o seu soño de obter lexitimidade internacional (que debería basearse en atopar unha solución acordada tan necesaria para a paz) a través da forzosa imposición dun diktat sobre Israel. Unha declaración unilateral non concluirá o conflito. Só empeorará as cousas facéndoo máis intenso en lugar de porlle fin. Os palestinos parecen perder o seu vivo interese na negociación destinada a alcanzar un acordo e, agora, só queren actuar unilateralmente segundo modos que non levasen á resolución dos problemas craves no actual impasse- que só poden ser resoltos a través de conversacións directas entre as partes involucradas. A continuada obstinación palestina só complica o conflito.

Ao presionar sobre o recoñecemento unilateral e prematuro do seu "estado", os palestinos ignoran o dereito de Israel a existir, en paz, como Estado do pobo xudeu, recoñecido e vivindo dentro das súas fronteiras. A división dos mesmos palestinos (entre a Autoridade Palestina que controla só partes da Marxe Occidental, e o movemento Hamas (leal aos persas de Irán) que se mantén na Franxa de Gaza) nega o criterio legal, en forma e carácter, para o establecemento dun Estado. Ademais, a Autoridade Palestina non ten xurisdición sobre a Franxa de Gaza (que tal como xa destacamos está dominada por Hamas), a pesar do recente acordo de reconciliación entre as faccións enfrontadas.

O prematuro recoñecemento dun Estado palestino significa o recoñecemento dunha entidade terrorista- porque Hamas abertamente tenta destruír a Israel e borralo do mapa. Hamas rexeita os termos da comunidade internacional do seu propio recoñecemento, que podería converter, a Hamas, nun actor legal e aceptado na rexión. Eses termos son: recoñecemento do dereito de Israel a existir, aceptación dos acordos internacionais existentes e o fin á violencia.

Non debemos esquecer que, a comunidade internacional, define a Hamas como unha organización terrorista e está proscripta en Europa e EEUU. Como pode, entón, un organismo terrorista converterse en modelo para un Estado palestino?

Israel durante longo tempo realizou estratéxicas concesións para a paz, demostrando o seu desexo de negociacións pacíficas. Renunciou ao Sinaí a cambio dun tratado de paz con Exipto, e retirouse de Gaza e do sur de Líbano. Pero, a resposta que obtivo nos últimos casos (Gaza e o sur de Líbano) foi a choiva de mísiles e aluvión de artillaría. As súas cidades e poboados do norte e sur do país foron atacados e moitos civís resultaron asasinados.

Iso podería servir para advertir acerca dos perigos que enfronta por parte de terroristas de Hezbollah e Hamas, e subliña a necesidade de paz a través de solucións que respondan as necesidades e intereses de todas as partes do conflito.

Claramente, o recoñecemento prematuro dun Estado palestino negará o proceso de negociación e botará por terra o nobre ideal dun modus vivendi logrado a través do diálogo.

Todos aqueles que anhelan a paz real na rexión deben rexeitar eses imprudentes movementos unilaterais palestinos que bloquean o proceso de negociación. Os palestinos deben comprender que, o único camiño cara a un tratado de paz permanente, será a través de negociacións directas.

Comentarios