Cellcom

A compañía de telefonía israelí Cellcom é moi coñecida por realizar uns bos anuncios de televisión. Un moi recente, aínda sendo un mero anuncio, tamén di moito sobre o status da relixión na sociedade israelí. O anuncio móstranos a voda dun mozo recentemente volto relixioso e como os seus amigos laicos tratan de chegar até a cerimonia da voda. A mensaxe é que "os bos amigos sempre che acompañaran", un spot publicitario ben feito e cunha boa mensaxe.



Comentarios