"Nós, a xente de Hebrón masacramos aos xudeus"



Parte dunha entrevista con Sara Jaber, unha palestina de 92 anos que participou nunha manifestación polo "Dereito ao Retorno" na fronteira xordano-israelí. A entrevista foi emitida na Al-Aqsa TV (canle de Hamás) o pasado 13 de maio de 2011.

Reporteiro: Por favor, dinos quen es?
Sara Jaber: Son de Hebrón. A familia Jaber.
Reporteiro: Como se chama?
Sara Jaber: Sara Muhammad Awwadh Jaber.
Reporteiro: Cantos anos ten?
Sara Jaber: Teño 92 anos.
Reporteiro: Así que lembras o 15 de maio de 1948, o día da Nakba?
Sara Jaber: Como non o vou a lembrar? Que Aláh nos apoie. Espero que esquezamos eses días. Se Aláh quere, vostedes enterrarán a Israel, e masacrarán aos xudeus coas súas propias mans. Se Aláh quere, os masacrarán como nós os masacramos en Hebrón.
Reporteiro: Que significa este día para vostede? Viviu 63 anos desde a Nakba. Experimentou a Nakba enteira?
Sara Jaber: 92 anos. Iso é 92. Vivín durante a era británica, e vivín durante o masacre dos xudeus en Hebrón. Nós, a xente de Hebrón, masacramos aos xudeus. O meu pai masacrounos, e trouxo [das súas casas] algunhas cousas
Reporteiro: Moitas grazas.
.
Esta é unha verdadeira refuxiada palestina. Non sabemos se a idade a fixo máis sabia, pero desde logo si é honesta.

Comentarios