A directora adxunta da nada sospeitosa de favorecer intereses israelís, Cruz Vermella, recoñece que en Gaza non hai unha crise humanitaria como denuncian as flotillas antiisraelíes. Nin nenos que morren de fame nin un inmenso cárcere ao descuberto, a propaganda antiisraelí que adoitamos ver e escoitar sobre Gaza e que serviu e está a servir de escusa para as "flotillas humanitarias" foi desmentida nin máis nin menos que por unha organización tan pouco sospeitosa como a Cruz Vermella, quizá a maior ONG do mundo. E é que a súa directora adxunta na zona, Mathilde Redmatn, recoñeceu que "non hai crise humanitaria en Gaza". De feito, nas súas declaracións, recollidas pola páxina de prensa da Israeli Defense Force, remarca algunhas cousas que non adoitan aparecer na información habitual sobre a área: "Se vas ao supermercado hai produtos, hai restaurantes e unha praia moi agradable". A responsable da organización humanitaria recoñece non obstante que si que hai algunhas carencias lóxicas nunha situación na que hai "dous pobos, un vivindo encerrado e outro baixo o fogo diario dos foguetes". Así, "faltan algúns bens, como cemento", e aínda que admite sen dúbidas que "Israel ten lexítimo dereito a protexer á súa poboación civil, este dereito debe equilibrarse co de 1,5 millóns de persoas vivindo na Franxa de Gaza" ás que a situación de conflito está a impedir un desenvolvemento económico normal.
Sen esquecer a Gilad Shalit
Redmatn destaca que a súa organización ten cada día unha relación mellor cos soldados israelís, aínda que "non todo o mundo entende o que estamos a facer". A Cruz Vermella está a traballar co exército de Israel en puntos como o paso fronteirizo de Eretz e quere estender esta colaboración a outros puntos. Ademais, tamén traballan coa poboación civil dentro da Franxa e quere facelo cun habitante involuntario deste territorio: o soldado israelí secuestrado desde 2006 Gilat Shalit, ao que tentaron asistir en numerosas ocasións sen logralo até hoxe: "Seguiremos tentando saber como está, pero non temos a posibilidade de forzar nada con Hamas".
Comentarios