1.000 palestinos recibiron por primeira vez audífonos en virtude dun proxecto conxunto do Centro Médico Sheva e a Fundación Starkey para os DDHH. Un xornalista de Yediot Aharonot uniuse aos médicos en Tulkarm e presenciou como os sorrisos volvían aos rostros destas "vítimas do apartheid" israelí, os cales en moitos casos podían escoitar por primeira vez nas súas vidas. O custo dos aparellos é de 800 euros por persoa e o proxecto pretende facer unha segunda entrega antes de fin de ano.
Comentarios