Por que non hai paz?



Por A.B. Yeshoshua

Haaretz

.

Esa pregunta debería ser feita a un especialista no Medio Oriente ou a un experto en Ciencias Políticas ou, mesmo, a un historiador profesional estranxeiro e non a un escritor cuxa especialidade é a imaxinación. Con todo, dado que a pregunta é real e doe a todo individuo na rexión, da nacionalidade que sexa, tentarei propor unha resposta. Trátase dunha pregunta seria e atemorizante por dous motivos: en primeiro lugar, o conflito israelí-palestino é un dos máis continuados que existen na época moderna. Se destacamos o seu inicio, co principio da colonización sionista na Terra de Israel, nos anos 80 do século XIX, referímonos a un problema que permanece activo, en sangue e fogo, desde hai 130 anos. En segundo lugar, non ficou reducido nun recuncho esquecido senón que se sitúa, de xeito permanente, no centro da conciencia internacional. E, por iso, é unha das situacións nas que máis se ten investido no mundo. Só nos últimos 45 anos, foi acredor de serios esforzos de mediación, por parte de moitos países e respectábeis organismos internacionais.

.

Os presidentes de Estados Unidos tentaron, de modo persoal, mediar entre as partes. Os xefes de goberno, de todos os puntos do universo, deron -e continúan dando- as súas opinións sobre este tema, enviados de nivel chegan á rexión a fin de probar a súa forza de mediación e acordo. E todo iso ademais das iniciativas, por parte de organismos e individuos, en simposios e encontros de boa vontade entre ambas partes; investigacións, libros e innumerábeis documentos de opinión foron escritos -e ainda se escriben- todo o tempo. E, a pesar de que xa foron asinados acordos parciais entre as partes, en conversacións directas secretas e reveladas. E, a pesar que -nos últimos tempos- as versións de solución ven en máis claras e aceptables e do feito de tratarse de dous pobos pequenos, sometidos aos ditados internacionais, subsiste -neste conflito- un núcleo interno que se obstina en non renderse ante a paz. A pesar dos erros e difamacións (de ambas partes) ao longo dos anos e dado que, ese conflito non é lineal senón espiral, o presente indica que, o tempo, cn é preludio indispensábel para a súa solución senón que, a paz, achégase e afástase por cruces históricos do pasado e do futuro e, seica, teña sentido entender o especial dese conflito en relación a outros que se mantén con tal fanatismo. Non digo que a miña resposta sexa o única pero tentarei pola a proba.

.

O conflito israelí-palestino négase a chegar á súa solución por tratarse dunha situación inexistente na historia da humanidade. Non hai antecedente ao feito que, un pobo, perdese a súa soberanía fai dous mil anos e, desde entón, permanecese disperso entre os pobos e decida, por motivos internos e externos, retornar e concentrarse na súa antiga patria, establecendo, novamente, a súa soberanía nacional. Se todos contan o Retorno á Terra de Zion moderna como o único suceso, no seu tipo, na historia da humanidade (deica que o pobo palestino ou os árabes na Terra de Israel, tamén, víronse (no pasado), e ven (no presente) obrigados a enfrontar ese fenómeno único ao cal ningún pobo se enfrontou. A principios do século XIX vivían, na Terra de Israel, só uns 5000 xudeus (fronte aos 250-300 mil árabes locais) e, ao momento da Declaración Balfour (1917), había na Terra de Israel, preto de 50 mil xudeus contra o 500 mil palestinos (números extraídos da Enciclopedia Hebrea). Xa en 1948 rexistrábanse 600 mil xudeus fronte a 300 mil árabes -palestinos. Así, con rapidez, e desde todos os puntos do universo, reuniuse o Pobo xudeu, que non pretendeu expulsar aos palestinos e, por suposto, tampouco eliminalos nin asimilalos no seu interior (como fixeron outros pobos cos poboadores locais). Máis aínda, non houbo aquí ningún intento por establecer un réxime colonial, dado que, os xudeus, carecían dunha nai patria que os enviase a ocupacións coloniais do estilo de Gran Bretaña ou Francia. Aquí ocorreu algo orixinal e singular na historia da humanidade: un pobo chegou á patria doutro pobo para substituír a súa identidade por unha identidade antiga-nova. É por iso que, no profundo do conflito israelí-palestino, non se atopa -de feito- a pregunta territorial tal como noutros moitos conflitos entre pobos senón que se sitúa, en ambas partes, unha loita pola identidade nacional de toda a patria, por cada pedra e recuncho mentres as dúas partes (e, en especial, os palestinos), non teñen claro o tamaño do pobo que enfrontan; se se trata só dos israelís -xudeus ou a diáspora xudía toda e se, os israelís, enfróntanse só ao pobo palestino á nación árabe toda. É dicir, tampouco os límites demográficos, de ambas partes, son claros. Por tanto trátase dun conflito de base que xenera, permanentemente, falta de confianza básica e profunda entre ambos pobos e impide unha solución posible. É posible alcanzar unha solución ao conflito sen caer finalmente, na trampa do estado bi-nacional? A miña resposta é rotundamente afirmativa pero dado que tratase dunha pregunta que non me foi plantexada non responderei, por agora, a ela.

Comentarios

Álvaro dixo…
No século XIX e en boa parte do XX non existían os palestinos. Ou mellor dito sí existían, pero o termo empregábase para facer referencia aos XUDEUS que vivían en Palestina. Ata 1967 non se bautizaron así eses árabes que, ata entón, eran xordanos. E todo o mundo caeu nesa trampa semántica: porque claro, de quen vai ser Palestina? Pois dos palestinos. Pero ocorre que os verdaeiros palestinos son os xudeus. Os "palestinos" son en realidade xordanos rebautizados para intentar lexitimarse e pasar por riba de Israel.