Ezer Mitzión עזר מציון

Ezer Mitzión (hebreo: עזר מציון - "Auxilio desde Sión") é unha organización social de axuda israelí que ofrece unha variada gama de servizos médicos e sociais, destinados a enfermos, discapacitados, anciáns e persoas en situación de crise. Ezer Mitzión foi fundada en 1979 por Hanania Chulak e, nos seus máis de 30 anos de existencia, pasou de operar na casa do seu fundador a ter máis de 40 centros que funcionan en 25 cidades ao longo do país; mobilizar preto de 11.000 voluntarios e atender anualmente a 650.000 persoas. Debido aos seus logros, en 2008 foille outorgado o Premio Israel, máxima distinción outorgada polo Estado a membros da sociedade civil. Un dos servizos máis notábeis que proporciona a organización consiste no préstamo de dispositivos de saída de voz, para individuos imposibilitados de comunicarse a través da fala. Desde un Centro especializado, fundado en 1996 e dirixido por Ionit Hagoel Carnieli, préstanse anualmente máis de 1200 equipos de alta tecnoloxía. Podes no video ver a historia de dúas das receptoras e das posibilidades que se lle presentan a quen padecen esta doenza.


Comentarios