Elizabeth Taylor tivo un funeral xudeu





Elizabeth Taylor foi colocada no seu lugar de descanso nun funeral privado, en California. A petición final de Taylor era de chegar "elegantemente atrasada" ao seu propio funeral. A cerimonia comezou con 15 minutos de atraso, informou o London's Daily Mail. "Ela quería chegar atrasada até para o seu propio funeral" contou o asesor de Taylor. Elizabeth Taylor convertérase ao xudaísmo cando casara co seu terceiro marido Eddie Fisher. Aínda que que a actriz casou logo varias veces, mantivose fiel á súa nova fe xudaica. A Organización Sionista de América emitiu unha declaración de loito por Elizabeth Taylor, anunciando que ela convertérase ao xudaísmo en 1959 co rabino reformista Max Nussbaum, tomando o nome de Elisheba Rachel Taylor. Na declaración mencionáronse todos os esforzos que a Actriz fixo por Israel e pola comunidade xudia, incluíndo a compra de 100.000 dólares en obrigacións de Israel e a cancelación dunha visita a Moscu, despois de que a Unión Soviética condenara Israel por se defender de seus veciños árabes. Alén diso, ela foi unha das 60 mulleres que asinaron unha protesta en 1975, contra a Declaración da ONU de que Sionismo era igual a racismo. Ofreceuse como refén cando 104 xudeus a bordo dun Airbus da Air France, foron mantidos prisioneiros de terroristas da OLP no Aeroporto de Entebbe, Uganda en 1976. Liz Taylor Z"L visitou Israel e mantivo encontros con persoeiros da vida pública israelí, incluíndo o primeiro ministro Menachem Begin, en 1983. A súa actividade prol Israel fixo que seus filmes foran prohibidos en varios países árabes. O seu funeral foi presidido polo rabino Jerry Cutler e incluíu as tradicións funerarias xudias. Máis notabelmente ela foi enterrada nun caixón de mogno que foi pechado con cola en vez de cravos. Claro que estaba decorado cun toque do estilo extravagante de Taylor. "Foi realizado moi ben e foi moi respeitábel, con moito coidado e planificación para manter a distancia as fotos, cámaras, o barullo e o tumulto" Cutler informou ao Inside Edition. O caixón de 11.000 dólares era un "caixón tradicional xudio" a TMZ relatou, e que foi decorado con algunhas características non-tradicionais, incluíndo un forro de veludo vermello e un traveseiro combinando. Houbo rumores de que Taylor sería enterrada no mesmo cemiterio xudio no que está enterrada a súa compañeira tamén convertida ao xudaismo Marilyn Monroe, mais o funeral foi no Glendale´s Forest Lawn Memorial ao carón do seu amigo de toda a vida Michael Jackson. Os servizos foron curtos e íntimos, coa presenza só da familia e amigos. Taylor foi colocada nunha cripta no Grande Mausoleou.

Comentarios