Agora Israel ten o dereito de atacar os reactores nucleares de Iran


Por Alan M. Dershowitz
NY Times - 17.03.2011
.
O intento de Irán de levar por barco armas a Hamas en Gaza, é unha declaración de Guerra do goberno Iraniano contra Israel. A mariña israelí interceptou o buque, cargado de armas cuxo obxectivo era matar a civís israelís, e mandounas de volta a Irán. Este non é o primeiro acto bélico que podería xustificar unha resposta militar de Israel, dacordo coas leis internacionais. Irán enviou outros barcos cargados con armas antipersoais a Hamas e Hezbollah. Ademais, en 1992, os líderes iranies planearon e autorizaron un ataque que causou mortos, contra a embaixada de Israel en Arxentina. Este atentado, levado a cabo por axentes iranies, constituíu un ataque directo ao estado de Israel, considerando que a súa embaixada é parte do seu territorio soberano. Máis aínda, o goberno de Irán declarou publicamente a Guerra a Israel, pedindo que "a entidade sionista sexa borrada do mapa"

Sob as leis internacionais, estas agresivas declaracións - oñecidas como Casus Belli?- xustificarian plenamente unha resposta armada. Incluso a Carta das Nacións Unidas autoriza unha resposta unilateral fronte a un ataque armado. Facilitar armas a un inimigo declarado no medio dun embargo, foi historicamente considerado como un ataque armado segundo as leis da guerra, especialmente cando quen proporcionan as armas pretenden que sexan utilizadas contra a poboación civil do país inimigo. Poderiamos facer as mesmas consideracións no caso do atentado contra dunha embaixada.

Dous feitos recentes, avalan o dereito de Israel a utilizar medios militares para impedir a Irán continuar armando aos seus inimigos. O recente desastre ocorrido en Xapón mostrou ao mundo o extraordinario perigo que supón a radiación nuclear. Se alguén puidera dubidar por un intre do poder dunha bomba sucia para destruír unha nación, tanto física como psicolóxicamente, esas dúbidas desaparecerían fronte ao que está a ocorrer en Xapón. Se Irán desenvolve armas nucleares, o próximo buque destinado a Gaza podería conter unha bomba nuclear sucia, e Israel podería non ter a fortuna de interceptar ese buque. Unha bomba diminuta, que estourase en Israel podería causar danos incalculábeis e irreparábeis na poboación civil.

É máis, as recentes matanzas en Itamar dunha familia cos seus tres fillos, demostran como os inimigos de Israel usan as armas contra os civís, violando todas as leis da guerra. Incluso as crianzas son un branco "militar" para os que foron armados por Irán. Hamas felicitou aos asasinos.

Israel ten o dereito de impedir que a súa poboación civil sexa asasinada por armas iranianas, especialmente se esas armas son de ampla destrución. Irán non tería soporte legal para protestar contra un ataque cirúrxico ás súas instalacións nucleares, que están a deseñar armas que poden ser utilizadas para alcanzar o obxectivo declarado deste país, o de borrar a Israel do mapa, matando a millóns dos seus cidadáns. Os líderes iranianos teñen declarado publicamente que un intercambio nuclear, que aniquilaría a millóns de xudeus e musulmáns, sería aceptábel para eles, xa que destruiría Israel, mentres só afectaría moderadamente ao mundo islámico. Unha nación suicida non pode neutralizarse coa ameaza de represalias. A única opción realista e viábel de Israel sería neste caso unha acción militar do tipo da que levou a cabo contra o reactor nuclear Iraquí en 1981. Este ataque cirúrxico podería salvar incontábeis vidas, co único custo dunha vítima. Non esquezamos que mesmo Irán tratou, infructuosamente, de destruír o reactor nuclear iraqui. Certamente, Israel posúe o dereito de acometer o que Irán tentou facer, é dicir, ten o dereito lexítimo de impedir a un inimigo mortal desenvolva armas capaces de asasinar masivamente aos seus propios cidadáns.

Isto non significa que Israel vaia a atacar os reactores nucleares iranies agora. Que teña o dereito de facelo non significa que non deba esperar un momento máis oportuno para facelo. Non fai falta unha resposta militar inmediata fronte a un ataque armado. A nación atacada pode pospor a súa contra ataque sen renunciar aos seus dereitos. A opción militar debería ser sempre o último recurso que se debe utilizar cando todas as outras opcións ferraron. Podería ser que os continuos esforzos por inutilizar os computadores nucleares dean resultados. Aínda que non parece probábel que as sancións económicas poidan persuadir aos fanáticos de pór fin ao seu programa de armas nucleares, unha combinación de varios factores, que incluirían intervencións case militares, fortes sancións económicas e diplomáticas, poderían retardar o proceso até o punto de poder pospor a opción militar. Pero baixo ningunha circunstancia a opción militar debe ser desbotada. Israel debe conservar a súa capacidade de exercer o seu dereito fundamental á autodefensa preventiva. Se é posíbel, debería actuar conxuntamente con outros aliados. Pero se é necesario, ten o dereito de actuar só, co fin de protexer aos seus cidadáns. Case todos esperan que non chegue o sangue ao río, pero a esperanza non é unha garantía. Como xa advertía George Washington, "estar preparado para a Guerra é un dos medios máis eficaces para preservar a paz".

Comentarios