La Región - 15.02.2011
.
Einstein cando andaba ás voltas coa teoría da relatividade dixo cunha graza desacougada: Se a miña teoría é certa os franceses dirán que é cousa dun europeo universal e os alemáns que é cousa dun alemán. Se resultase equivocada, os franceses dirían que era cousa dun alemán e os alemáns cousa dun xudeu. Temía aos seus concidadáns alemáns e cheiraba o que se cocía en Europa. E certou. Pouco despois, laiabase do tempo que lle cadrara vivir cun Que tempo tan difícil este no que é máis fácil descompoñer un átomo que eliminar un prexuízo. Sabía do que falaba. E lembreime do dito ao ver na TVE o tratamento que lle deron a visita da nosa ministra de Exteriores a Israel en días pasados. O fondo, a vontade de celebrar os vinte e cinco anos do establecemento de relacións entre España e Israel, quedou esluída ante o enfado dun grupo de xudeus ortodoxos. Unha vez maís, a anécdota oculta a categoría.

Pero é certo. Só 25 anos. Últimos de Europa. Perdemos, pois, a nenez e mocidade deste estado xurdido despois da II Guerra Mundial e que no seu momento foi a ilusión do progresismo europeo polo sistema de vida comunal, o kibutz, e pola integración de persoas tan diversas orixes como os iemenís do deserto, os xudeus arxentinos do Once, os burgueses do Marne parisino, os sefarditas de Salónica ou de Xerusalem, os drusos de Galilea e os beduínos do Sinaí... e, sobre todo, os que sobreviviran rotos pola vesania nazi. Perdemos ese tempo de ilusión, en boa parte, por non ter minoría xudía que fixesen de enlace. Expulsáramolos, despois de rouballes o que tiñan, había 450 anos.

Ao principio, en 1948, Israel non pediu o recoñecemento de Alemaña nin de España. A maioría dos seus dirixentes, xentes de esquerdas, loitaran ou tiveran amigos nas Brigadas Internacionais e consideraban a Franco un anacrónico residuo dos tempos de Hitler. Pero a realpolitik tamén se impuxo en Israel e mediados os cincuenta amosou o seu interese en establecer relacións, sobre todo para xestionar a inmigración dos sefarditas do protectorado de Marrocos, e recoñeceu a memoria dos españois xustos cos xudeus, como o embaixador en Budapest Sanz-Briz. Pero España non quixo. Ingresara na ONU en 1955 co apoio dos USA e, nun erro de cálculo coa oposición de Israel. En calquera caso, o goberno de España non estaba interesado. O franquismo, xunto co tópico fascista da conxura xudeo-masónica ergueu o da tradicional amizade do mundo árabe, agradecendo a participación decisiva das tropas marroquís na guerra civil; a guardia mora de Franco foi o exemplo ata o final.

Sen minoría xudía de importancia, sen relacións entre 1948 e 1986, a opinión pública, os intelectuais, os informadores españois, non teñen o grao de coñecemento e contacto con Israel dos outros occidentais. A mellor defensa e promoción da paz e de desactivación do conflito, neste 25 aniversario de relacións, é tratar de saber máis e mellor da zona e apostar por un futuro no que Israel e Palestina caiban xuntos en Oriente Medio, ao lado dun grande Exipto laico e occidental que marque o rumbo para o resto do mundo árabe.

Comentarios