Un grupo de nais xudías, cristiás, musulmás e drusas da rexión da Galilea no norte de Israel, actua co exemplo de que a paz debe comezar desde o fogar. A ONG israelí "Nais da Galilea" fundouse como unha iniciativa civil, sen pertenza política ou ideolóxica, cuxo obxectivo é o achegamento cultural e a comprensión mutua entre os diferentes pobos que conviven na rexión norte de Israel. Convocados hai máis de 5 anos pola Dra. Anat Pinto, comezaron intercambiando receitas e segredos da casa. Este grupo de mulleres "pertencentes as catro culturas que coexisten na Galilea" é, por elección, un grupo apolítico dedicado unicamente a forxar verdadeiros lazos de amizade. O rango de idades das mesmas oscila entre 25-70 anos e as súas ocupacións laborais son igualmente moi variadas. Conxuntamente, organizan seminarios e obradoiros para mulleres de todo o país, procurando imbuír da súa filosofía a unha maior cantidade de nais israelís. Desde a súa sede na aldea drusa de Peki'in, impulsan actividades tan variadas como sendeirismo, paseos, colonias de vacacións, lecturas conxuntas, xornadas de cociña ou cinema.
Comentarios