Hosni Mubarak pide aos exipcios que se pronúncien con claridade sobre a súa continuidade ou non.
.
Axencias - O Cairo - 18.02.2011
Axencias - O Cairo - 18.02.2011
.
O Presidente exipcio Hosni Mubarak ven de deixar o poder en mans do Exército do seu país, con todo pediu aos seus compatriotas "que se deixen de vaguidades e digan dunha vez por todas se queren que me vaia definitivamente ou non". Mubarak reiterou que a súa dimisión "non é porque o pida ninguén, senón porque non quero que pareza que me estou aferrando ao cargo", e con todo dixo que retomaría o mando "a non ser que o pobo exipcio se pronúncie con claridade dunha vez por todas sobre se queren que siga no poder ou non". Un portavoz non identificado do líder dixo que "se cando menos houbese algunha manifestación popular que claramente indicara algo ao respecto, pero nós entendemos que ate agora non foi así". "Abonda xa de indefinicións e de pronunciamientos con lemas equívocos", manifestou o rais. "Voume a descansar un tempo no Sinaí e á volta quero que todo fique claro".

Comentarios