Bar Rafaeli merca un apartamento de 3 millóns de dólares en Tel Aviv
.
A top-model israelí ven de mercar un luxoso apartamento de 370 metros cadrados con vista ao mar e ocupando máis da metade dos sétimo andar do proxecto Blue Tel Aviv. http://www.blue-telaviv.com/
.
Bar Rafaeli, de 25 anos de idade e noiva do actor Leonardo DiCaprio comprou un novo lar en Tel Aviv. E que lar! Un cunha magnífica vista do Mediterraneo. Tal e como informa Yedioth Ahronoth, Rafaeli comprou o luxoso apartamento de 370 metros cadrados que se estende por máis da metade do sétimo andar do proxecto Blue en Tel Aviv. O proxecto Blue foi construído polo grupo inmobiliario Canadá-Israel e está localizado á beira-mar na parte norte de Tel Aviv e é composto de seis espectaculares torres con máis de 300 apartamentos de luxo. As torres teñen dous lobbies centrais e construídos coa forma dun cubo de vidro, unha piscina, un spa, ximnasio e campos de tenis. Cada predio ten o seu propio lobby e dous ascensores intelixentes concibidos para un tempo mínimo de espera. Esta é o primeiro inmóbel comprado por Refaeli. Até agora ela ten alugado un apartamento no edificio Torre-W tamén situado en Tel Aviv. A decisión de vivir nas Torres Blue aconteceu despois dunha procura por moitos apartamentos nos lugares máis exclusivos para se morar en Tel Aviv. O diferencial foi seica a proximidade co mar. A súper modelo e recentemente tamén a estrela do filme "Session" contratou ao deseñador Ilan Pivko para proxectar e decorar o seu novo apartamento e que é un dos arquitectos máis conceituados de Israel. De acordo con algúns especialistas da industria do entretemento Rafaeli comprou o apartamento coa intención de morar nel e non como un investimento. Houbo algunhas especulacións na prensa internacional sobre as intencións da modelo, sobre se iría morar ou non en Israel ou escollería algún outro lugar no extranxeiro. Esta compra proba que Bar ve o seu futuro no seu propio país.

Comentarios