O vindeiro 26 de xaneiro, a UNESCO levará a cabo unha homenaxe ás vítimas do Holocausto ao lembrar o 66° aniversario da liberación dos campos de exterminio nazis. O acto está organizado en colaboración coa delegación israelí ante a UNESCO e o Memorial da Shoah.
.
Na cerimonia dará o seu testemuño o escritor italiano Shlomo Venezia quen foi sobrevivinte do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau. Tamén darase lectura a un fragmento do diario escrito entre 1942 e 1944 por Hélène Berr, estudante da Universidade da Sorbona, antes de ser deportada a Auschwitz xunto á súa familia. No acto falarán tamén a directora xeral da UNESCO, Irina Bokova; os ministros de Educación de Israel, Gideon Sa'ar, e de Francia, Luc Chatel, e o presidente do Memorial da Shoah, Eric de Rostchild, entre outras personalidades.

A UNESCO informou tamén que se realizarán dúas exposicións, nunha exhibirase o manuscrito orixinal do seu diario de Berr, publicado en 2008, e varios arquivos familiares. Na outra, que terá como titulo "A Shoah en Europa", reconstruiranse as diferentes etapas da persecución dos xudeus, desde o ascenso do nazismo en Alemaña até os xuízos de Nuremberg.
.
Máis información:
Comentarios