Irán quere procesar a Rusia


O Parlamento iraniano pide que o Ministerio de Defensa procese a Rusia por non cumpriren o contrato para o fornecemento de mísiles S-300.

TEHERÁN (FNA) - O Parlamento iraniano pediu hoxe domingo que o ministro da Defensa do país acelere a posta en marcha dunha acción xudicial contra a Rusia despois que Moscu recuou da entrega do sofisticado sistema S-300 de mísiles terra-aire. Kazzem Jalali que é o relator da Comisión Parlamentar Nacional de Política Externa e Seguranza informou que a cuestión foi aprobada durante a reunión de hoxe dos membros da comisión e o ministro da Defensa o tenente-xeneral Ahmad Vahidi. Jalali engadiu que o ministro da Defensa iraniano asegurou aos parlamentarios durante a reunión que o goberno iraniano está tomando as providencias legais contra a Rusia sobre o caso.
.
O presidente ruso, Dmitry Medvedev, emitiu un decreto en setembro pasado prohibindo a venda do sistema de mísiles S-300 a Irán, tendo por base as restricións establecidas nas sancións do Consello de Seguranza da ONU e impostas a Teherán en xuño por causa das súas actividades nucleares. Irán rexeitou as xustificacións da Rusia de que a prohibición da entrega do sistema de mísiles S-300 estaba en conformidade coa Resolución 1929 do Consello de Seguranza da ONU e afirma que este é un sistema de defensa aérea que non estaría incluído nesta Resolución. O 9 de xuño o Consello de Seguranza das Nacións Unidas (UN Security Council = UNSC) impuxo unha resolución proposta polos Estados Unidos con sancións contra Irán por alegacións de que o programa nuclear iraniano sería de natureza militar. Despois de presións continuas de Washington, Moscu afirmou que despois dun estudo da resolución sobre as sancións, que conxelaba a entrega. Irán criticou duramente a Rusia, dicindo que a Resolución 1929 non prohibía especificamente a entrega de mísiles defensivos e que Moscu non tería desculpas para se rexeitaren a manteren esta negociación.

Comentarios