A web de TVE ven de retirar o capítulo dedicado a Jerusalem do seu programa "Españoles en el Mundo".
.
Desde logo este é un feito moi grave, unha censura incomprensíbel. En resposta ás múltiples queixas recibidas onte, a Corporación de RTVE limitouse a remitir ás explicacións dadas pola "Defensora do Espectador" de TVE para manifestar que o espazo foi retirado "por ofrecer unha visión israelí de Jerusalén. Recibimos 171 comunicacións. Case todas a través dunha ligazón á nosa páxina web que publicou un blog prol palestino que contiñan consideracións políticas sobre o conflito palestino-israelí. Os comunicantes estimaban que non se viron reflectidas no programa as opinións de Hamas, a Yihad islámica, Hezbollah e as Brigadas de Mártires de Al-Aqsa".
.
A Corporación que preside D.Alberto Oliart optou pola censura dura e pura de corte estaliniano ("Se o borro, xa non existe" Stalin a propósito do xudeu Trosky) e por retirar da súa páxina web o vídeo do programa. Onte, tampouco era posíbel incluso acceder ao resumo do capítulo do programa desde a páxina de vídeos de YouTube.
.
A censura por parte de TVE dun programa de entretenemento que non trataba do conflito, só da vida cotiá de varios españois en Jerusalem é algo inaudito e rexeitábel.
.
Desde GALIZA-ISRAEL convidámoste a dirixirte á "Defensora do espectador" solicitando a reposición do programa. Podes facelo cumprimentando o formulario AQUÍ
Comentarios