Por Carlos Galansky Koper *
Faro de Vigo - 18.01.2011
Faro de Vigo - 18.01.2011
.
O 1 de novembro de 2005 a Asemblea Xeral da ONU aprobou unha resolución, a 60/7, de recordo do Holocausto, establecendo un programa de divulgación, ensino, recordo e investigación titulado "O Holocausto e as Nacións Unidas".
.
Que lembrar do Holocausto? Cando menos isto: Mi lucha; Os Protocolos dos sabios de Sión; Der Stürmer; NSDAP: Partido Nacional-Socialista Obreiro Alemán; xudeus-bolxeviques; raza aria; Volk; Terceiro Reich; campo de concentración de Dachau; Jude; boicot; arianización; leis de Nuremberg: solución civil definitiva á cuestión xudía coa perda dos dereitos civís, laborais, relixiosos, sociais e económicos; Mischlinge; a noite dos cristais rotos; deportación; os guetos; S.A.; a conferencia internacional de Evián; o pacto xermano-soviético; SS-einsatzgruppen: fusilamentos en masa de xudeus; Babi Yar; Aktion Reinhard; Castelo de Hartheim; Chelmo: furgóns de gasificación para o exterminio de xudeus; Treblinka: exterminio en cámaras de gas dos xudeus do gueto de Varsovia; Belzec: exterminio en cámaras de gas dos xudeus do gueto de Cracovia; a conferencia de Wannsee: solución final á cuestión xudía; judenfrei; undermenchen; trens de transporte: Auschwitz-Birkenau.
.
.
A quen lembrar? Cando menos o exterminio de 6.000.000 de xudeus europeos; de 7.000 republicanos españois en Mauthausen; de milleiros de polacos e alemáns non xudeus opositores políticos; dos miles de resistentes franceses-italianos-holandeses-noruegueses-iugoslavos-checos; dos miles de discapacitados alemáns psíquicos e físicos que foron os primeiros en seren gaseados polos nazis na propia Alemaña; de miles de xitanos; de miles de homosexuais; de millóns de prisioneiros de guerra, etcétera.
* socio de AGAI
Comentarios