AxenciasLa Habana 06-12-2010
.
Raúl Castro asistiu o pasado domingo á festa de Janucá na sinagoga Shalom da capital cubana, onde nun breve discurso eloxiou a historia "heroica" do pobo xudeu. "Sentimos extremadamente felices e orgullosos de poder pasar con vostedes este momento. Para nós foi unha tarde realmente agradable e quero agradecelo de todo corazón. Quixera vir con máis tempo para poder falar da fabulosa historia do pobo hebreo", dixo no seu discurso transmitido polo noticiero da televisión estatal. Nas imaxes puidose ver a Raul Castro na sinagoga Shalom, da Habana, vestido cun traxe escuro e coa tradicional kipá na cabeza durante a cerimonia do acendido das velas, na que se lle pediu acender a primeira.
.
Que Raúl Castro participase nunha cerimonia xudía na sinagoga da capital e que a televisión cubana o retrasmitira en directo é un feito totalmente inusual. Lembrar que en novembro pasado, Fidel Castro criticou con dureza ao presidente iraniano Mahmud Ahmadinejad por negar o Holocausto e afirmou que "Israel ten dereito a existir como estado xudeu". Estes comentarios do ex gobernante nunha das súas habituais "Reflexións" provocaron os eloxios do primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu. O presidente israelí, Shimon Peres, envioulle a Castro unha carta de agradecemento polos seus comentarios.
Comentarios