No día de hoxe faleceu despois dunha longa enfermidade e no seu Ourense natal, Marcos Valcárcel. Un dos máis lúcidos intelectuais galegos dacabalo do século XX e XXI. Coma pequeno homenaxe e recoñecemento, eis algúns artigos seus publicados en diferentes medios e blogues nos últimos anos. Shalom Marcos.
.
.
Polo respecto ás vítimas do Holocausto
.
Celébrase hoxe o Día Mundial en lembranza das vítimas do Holocausto, cando se cumpren 62 anos da liberación do campo de exterminio de Auschwitz polo Exército Vermello, o 27 de xaneiro de 1945. O Parlamento catalán celebrou un acto conmemorativo coa presenza de Jorge Semprun e de varios superviventes do gueto de Budapest e antigos deportados a Buchenwald (http://www.galiza-israel.org/) e tamén o Parlamento español fixo algo similar. Ante o horror do xenocidio perpetrado polo réxime nazi contra o pobo xudeu, temos a obriga moral de non esquecer as vítimas, seis millóns de mortos, dun dos episodios máis execrables da historia da humanidade. As institucións europeas planean estender a toda Europa as leis que condenan o revisionismo negacionista a favor dos nazis: oxalá este tipo de leis non fosen necesarias, pero calquera prevención é pouca cando falamos de crimes tan monstruosos como os que protagonizou o réxime de Hitler: "É un horror tan grande que nunca se debería comparar con nada por evitar o risco da banalización", dixo con acerto Carod Rovira no Parlamento catalán. Soameante desde ese respecto poderemos de verdade construír unha cultura de democracia, liberdade e paz.
Artigo publicado nos xornais GALICIA HOXE e La Región (27.01.07) Blogue persoal de Marcos Valcárcel:http://www.asuvasnasolaina.blogspot.com/
.
Cousas que non se entenden
Cousas que non se entenden
.
Debuxar ós príncipes de Asturias na portada dunha revista de humor e sátira é neste Estado perseguible e obxecto de multa.En cambio, negar o xenocidio e o Holocausto entra nas marxes da liberdade de expresión, seica. Por favor, algún xurista que mo explique...E para rematala, onte, en Tele 5 (La Noria), o ínclito Jordi dálle voz a tres fascistas declarados (Democracia Nacional, España 2000, Movimiento Católico Español) para que defendan con calma as súas teses xenófobas e racistas. Estebán Ibarra (Mov. contra a Intolerancia) e Pilar Rahola negáronse a participar no debate con tres personaxes que só representan correntes minoritarias e violentas. Pola parte "demócrata" sentanse Jimmy G. Arnau e Urdaci: para esmendrellarse de risa. Tres fascistas que se retratan a si mesmos: o de España 2000 defendeuse confesando que era o avogado de Anela, asociación que axunta os puticlubs de España (as inmigrantes explotadas nos mesmos quedan fóra do discurso xenófobo?).
.
Torpeza e contumacia
Torpeza e contumacia
.
Pan por Pan
Hai unhas semanas o BNG cometeu unha grave torpeza ó propoñer no Parlamento Galego un texto sobre o Holocausto que nin sequera menciona os xudeus, vítimas principais da barbarie racista nazi, e que ademais propugnaba mesturar esta condena cunha avaliación política do actual conflito palestino-israelí: isto é, allos con bugallos, por usar unha expresión suave. A cousa provocou xa algunha dimisión no BNG. E chove sobre mollado porque o debate vén de atrás.O problema, como era de agardar, foi a máis. Provocou a reacción dos medios máis ultraconservadores do Estado contra o BNG e tamén protestas sensatas de personaxes como Pilar Rahola ou o embaixador de Israel. Eu teño claro que o nacionalismo galego está moi lonxe do horror nazi e por iso non entendo por qué non se aprobou unha moción de consenso como xa se fixera, segundo creo, o ano pasado. Alguén quixo forzar as marxes e impoñer as súas dogmáticas teses de política internacional? Por riba, Aymerich complicou onte as cousas, aludindo ó “ouro de Moscú” (agora sería de Israel) e a un conflito persoal cun militante. Unha linguaxe que non se corresponde co BNG que se quere presentar en público. E que pode custar votosLinguaxes dos primeiros 70 para o mundo do século XXIConste que non quería volver sobre o "caso Gómez-Valadés": pola miña banda, estaba todo xa dito e neste blog tamén se escoitaron todos os argumentos posibles (sen censura ningunha). Pero despois de ler os artigos de Guillerme Vázquez no Faro e dese "valor emerxente" que asina Xabier Igrexas en Xornal.com, quero manifestar que estou totalmente de acordo coa análise que fai M. Bragado en "Volta de torca" (Brétemas). Estase a demostrar que o intento de expulsión de Gómez-Valadés (que xa ten moral, o home!) é moito máis que un caso ou unha anécdota: é un debate transcendental para o nacionalismo de hoxe e do futuro. Pon en cuestión a liberdade de expresión e a auténtica concepción de pluralidade do modelo do nacionalismo para este país. A min lembroume, xa o contei en Brétemas, cando a algúns nos alcumaban como "culturalistas" dentro da UPG (tamén eu pasei por esa casa e non son ningún renegado, aínda que algúns non me creran). Ou cando se me encargou un informe para que os militantes de base non leran revistas tan perigosas como Teima ou El Viejo Topo, que seica deprimían a algúns militantes. Ou cando nunha célula se prohibiu discutir El origen de la familia, la propiedad privada y el estado, de F.Engels, porque os militantes non tiñan nivel e ó mellor o entendían ó revés. E como algúns calan, supoño que por medo e porque hai eleccións ás voltas, e outros opinan cos argumentos das críticas internas da UPG dos primeiros 70, por iso quixen manifestar aquí de novo a miña solidariedade cos que levan esta loita adiante dentro do BNG. Aínda máis, se alguén non asinou e está de acordo co que eu estou a dicir, xa sabe onde (militantes e non militantes): carta aberta a Anxo Quintana.
.
As grandes preguntas da historia
.
As grandes preguntas da historia
.
Moito se ten escrito xa sobre o caso Günter Grass e a súa confesión sobre os seus anos de mocidade: ós 17 anos pertenceu ás SS hitlerianas. “Fun seducido por Hitler. Crer nel e na vitoria non cansaba, era facilísimo”, di o escritor alemán nun xornal. Pregúntase agora Grass por que non dubidou. Por que non preguntou por aquel profesor desaparecido ou por aquel compañeiro de clase que era Testemuña de Xehová e nunca máis volveu? Toda unha xeración foi seducida, sen facer preguntas. Non foi Grass o único: hai unha longa lista de escritores, filósofos, intelectuais, seducidos polo irracionalismo nazi. As preguntas facémolas agora: Carlos Casares escribiu Deus sentado nun sillón azul movido polas mesmas preguntas, despois de coñecer en Alemaña o palacio onde se tomou a decisión final: nin máis nin menos que eliminar toda unha raza, os xudeus, e seis millóns de persoas. Preguntas que renacen ó ver películas tan maxistrais como "O Pianista", de Polanski, que repoñen na TVG, baseada en boa parte nas súas lembranzas do gueto de Varsovia cando a persecución nazi: agardo que os mozos de hoxe si se fagan moitas preguntas. Porque, de certo, non temos outro antídoto posible contra a barbarie e a senrazón.
http://asuvasnasolaina.blogspot.com/
http://asuvasnasolaina.blogspot.com/
Comentarios