Shalom para o Sáhara



Nin feito a mantenta teríamos un exemplo tan demoledor do tratamento claramente parcial tanto dos medios de comunicación (agás excepcións) como do goberno español do conflito árabe-israelí. Ver como o noso Ministerio de Exteriores "rechaza los sucesos" do Ahaiun e imaxinar como reacionarían perante algo semellante no que no canto de Marrocos fose Israel o protagonista, deixa pouca marxe para dúbidas.Unha absoluta vergonza.

Hai uns anos pedinlle para unha publicación que dirixo (ENCLAVE) un artigo ao daquela Ministro de Xustiza do Frente Polisario, Sr. Lih Beiruk. Mencioneille que no mesmo número ia publicar tamén un artigo Shlomo Ben-Amí, quen fora Ministro de Exteriores de Israel. A súa clara resposta foi que eles non tiñan nada contra Israel. E insinuoume que un Sahara independente tería relacións diplomáticas normais con Israel. Témome que nunca teremos ocasión de confirmalo.

A miña solidariedade co Pobo Saharaui que exemplarmente mantén contra vento e marea no deserto o laicismo e a democracia fronte a ofensiva do islamismo que todo o asulaga. E por riba manteñen, a pesar do abandonbo da vella metrópole, a lingua española nas areas do deserto.

Shalom para o Sáhara!

Comentarios