Lieberman insta a Moratinos e Kouchner a non entrometerse no proceso de paz


O ministro de Asuntos Exteriores israelí pide aos seus homólogos español e francés que resolvan outros conflitos diplomáticos antes de "dar leccións"
El País - Jerusalem - 11/10/2010
.
O ministro de Exteriores de Israel, Agvidor Lieberman, pediu este domingo aos seus homólogos de España e Francia, Miguel Angel Moratinos e Bernard Kouchner, respectivamente, a que "resolvan todos os problemas de Europa" en lugar de "dar leccións" no proceso de paz de Oriente Próximo. "Parece que todos os fracasos da comunidade internacional para solucionar diferentes crises internacionais traduciuse nun intento para compensar eses erros tratando de conseguir nun ano un acordo entre israelís e os palestinos", dixo o político israelí durante a reunión mantida na capital israelí con Moratinos e Kouchner. Ambos inciaron este domingo unha xira por Oriente Próximo para apoiar o proceso de paz, que se reactivou en setembro. Salvo no caso do ministro de exteriores israelí, as autoridades israelís tiveron boas palabras para este xesto franco-español. Lieberman enumerou as materias pendentes aos que se enfrontan a diplomacia da Unión Europea, como Chipre, Somalia, Georhia, Corea, Afganistán, Serbia ou Kósovo. Lieberman tamén axitou o recuero do nazismo ao mencionar as concesións que os réximes europeos tiveron con Adolf Hitler antes, de decidirse a declarar a Segunda Guerra Mundial. "En 1938, a comunidade europea decidiu compracer a Hitler en lugar de apoiar a Checoslovaquia, e sacrificouna sen gañar nada a cambio", indicou Lieberman. Para o politico, o sucedido entón xustifica a súa estratexia: "Non seremos a Checoslovaquia de 2010. Garantiremos a seguridade de Israel". "Non espero que liquidedes todos os problemas do mundo, pero si que resolvades os problemas vosos en Europa antes de vir aquí a darnos leccións de como liquidar os nosos problemas. Despois de que arranxedes os problemas no Cáucaso, nos Balcáns ou en Chipre, vide a nós. Entón estarei disposto a escoitar o voso consello", comentou Lieberman. Moratinos e Kouchner desprazaranse hoxe, luns, a Ramallah (Cisxordania) para ver ao primeiro ministro palestino, Salam Fayyad. A continuación, teñen previsto un encontro conxunto en Amán co presidente palestino, Mahmud Abbas, e co rei Abdalá II de Xordania. Segundo recolle Jerusalem Post , ambos se mostraron "optimistas".
.
Un líder escéptico
.
Non é a primeira vez que Lieberman mostra as súas dúbidas dobre o proceso de paz. O líder do partido Israel Beiteinu, que comparte goberno co Likud do primeiro ministro Benjamin Netanyahu, mostrouse moi escéptico sobre o resultado das conversacións coa Autoridade Palestina. Isto aumentou as súas diferenzas con Netanyahu. O mes pasado, durante un discurso ante a ONU, Lieberman presentou un borrador relativo ao posible traspaso de poboacións e territorios, como parte dun hipotético acordo de paz entre israelís e palestinos. Baixo esta proposta, parte dos árabes que viven en Israel serían trasladados ao novo Estado palestino sempre que se evacuasen os asentamentos xudeus en Cisxordania.

Comentarios