Natan Sharansky é recibido no aeroporto Ben Gurion polo primeiro-ministro Yitzhak Shamir e polo ministro de Asuntos Exteriores Shimon Peres, no dia en que fai a súa aliyah para Eretz Ysrael. Decorria o ano de 1986. Sharansky foi escritor, activista dos dereitos humanos e preso político, tendo pasado oito anos nun Gulag soviético. Despois da chegada a Israel estivo ligado ao movemento sionista e á política, foi eleito deputado e participou en varios gobernos. Abandonada a política, asumiu en 2009 a Presidencia da Axencia Xudaica, cargo que ocupa até hoxe. Natan Sharanshy ten actualmente 62 anos e vive na capital de Israel, en Jerusalém.
Tirado de Lisboa-Tel Aviv
Comentarios