O teatro como arma pola paz


«O éxito do meu traballo non o mido cos parámetros teatrais comúns. O éxito do meu traballo mídoo cando vexo a adolescentes xudeus e árabes xuntos, e vexo que foron capaces de crear, neste caso unha obra de teatro, non de destruír». Esta é a mensaxe, a modo de conclusión, que o director de teatro israelí Eduardo Kofman brindou na conferencia que impartiu en Lleida, o pasado día 24 de setembro. Kofman está de xira polo estado español (Lleida-Tarragona-Pamplona e Barcelona) para explicar o proxecto de teatro multicultural que desenvolve en Israel; o teatro como instrumento para construír a convivencia e a paz.

Máis información sobre a xira de Eduardo Kofman:

Comentarios