Na páxina web do xornal sionista Hagalil (en alemán) aparece a nova da detención en Estambul este pasado mes de agosto do escritor e activista polos dereitos humanos e contra o antisemitismo, Doğan Akhanlı. http://www.hagalil.com/archiv/2010/09/29/dogan/
.Este intelectual de orixe turca (e desde o 2001, cidadán alemán), leva traballado moito desde a súa obra literaria e desde iniciativas pedagóxicas en Colonia, na loita contra o antisemitismo e contra a demonización de Israel. Ademais, en numerosos escritos, xunto co seu colega e amigo, o escritor xudeu-alemán Edgar Hilsenrath, ten denunciado a persecución do Estado Turco contra os armenios e os xudeus turcos.
.Na propia páxina de Hagalil aparece un artigo en inglés acerca da detención do escritor: http://www.hagalil.com/archiv/2010/09/13/akhanli-3/ Non sabemos de ningunha información ao respecto na prensa online española... Por favor, se alguén sabe máis acerca da mesma, agradécese... galiza-israel@yahoo.es
Comentarios