Por qué Israel ainda non atacou a Irán?


Nun artigo asinado por Bret Stephens para The Washington Post, faise a pregunta: por que Israel aínda non bombardeou Irán?
.
Stephens explica que inicialmente cría que o ataque viría no primeiro semestre deste ano, como non veu, vale a pena pensar nas razóns.
.
O primeiro pensamento de Stephens , en 2008, estaba baseado nas fortes especulacións de que Ehud Olmert preparaba un ataque inminente a Irán, reforzado polo ataque a un reactor secreto en Siria. O Presidente Bush, porén, estaba saíndo e os informes da CIA desaconsellaban a acción dos EUA. Os estrategas e analistas israelís pensaban que canto máis tempo se tardara, máis difícil sería a execución do ataque. Fica a pregunta: por que Israel non actuou entón?
.
Stephens da unha serie de razóns, sendo a máis probábel a de que Olmert cría que sería xogar coa sorte realizar un ataque sen antes esgotar todos os medios diplomáticos (ou medios secretos) a fin de deter o adianto nuclear iraniano. Chegaba Obama coa oferta dun tempo para negociacións, seguido polos tumultos internos pos-eleccións iranianas, que levaron a pensar nun posíbel troco de réxime. Ao final do ano pasado (2009), ficou claro que as dúas expectativas foron en balde. Parecía claro que as sancións non serían capaces de deter a Irán das súas apostas nucleares. Todo indicaba que un ataque "en solitario", so era defendido por Netanyahu.
.
O que aconteceu, entón?
.
Seguen catro teorías:
.
1 Os estrategas e analistas israelís entenderon que o ataque podería fracasar, ou non ter éxito pleno. Tal análise non leva en consideración o pánico que Israel ten dun Irán nuclearizado.
.
2 Israel estaría gañando tempo mentres axusta a súa coontradefensa e o seu ataque. O autor cita as probas que foron xa concluídas, do "Iron Dome", un escudo de defensa anti-mísiles, deseñado para protexer contra ataques de curta distancia, como os do Hamas e Hezbollah. O sistema poderá estar operacional en novembro deste ano. Israel tamén están comprando versións stealth do F-15, que son máis baratas que o F-35.
.
3 En termos de política interna: Netanyahu, mesmo querendo atacar, non dará as ordes sen o consentimento do Ministro da Defensa Ehud Barak, do Presidente Shimon Peres, do Xefe do Estado-Maior, Gabi Ashkenazi e do Director do Mossad, Meir Dagan. Ese gabinete de emerxencia parece estar agora mesmo en contra do ataque, talvez coa excepción de Barak. Algúns deles, porén, poden deixar os seus cargos en breve.
.
4 Os líderes israelís lémbranse ben da historia. Eles lembran as leccións da Guerra de Suez, de 1956, que enfrontou a oposición dos EUA de Eisenhower, que de maneira errónea creu que podería conseguir os favores árabes ao visibelmente distanciarse de Israel e os seus tradicionais aliados europeos. Soa familiar?. Así pregunta, ironicamente, Stephens.
.
Dacordo co autor, existen serios rumores de que Barack Obama e o Pentágono están reconsiderando as súas opcións militares na cuestión de Irán. "Agardemos que si", di Stephens.

Comentarios

RioD'oiro dixo…
http://fiel-inimigo.blogspot.com/2010/08/por-que-israel-ainda-non-atacou-iran.html