Oito días, oito?

Israel estaría a só poucos días de lanzar un ataque ao reactor nuclear de Bushehr no Irán no caso de que Rusia cumpra os seus plans de entregar combustíbel para a fábrica ao final de semana, así falou, o pasado martes, o ex-embaixador dos EUA na ONU John Bolton. Bolton afirmou que unha vez que Rusia abasteza o reactor (previsto para o sábado) Israel non tería máis ganas de atacar, con medo de dispersar radiación de forma descontrolada. "Esa é unha gran vitoria, unha vitoria moi grande para Irán", así dixen Bolton para o Jerusalem Post. "This is a huge threshold". Bolton, que xa supervisou a política de non-proliferación dos EUA, dixen que cando Rusia anunciou os planos de abastecer o último venres, "o elemento sorpresa foi basicamente retirado" dos cálculos de Israel. Bolton resaltou que el non ten a "certeza" sobre si Israel irá ou non atacar, mais afirmou que "se Israel estaba no correcto ao destruír o reactor de Osiraq en Iraq, seríaa correcto permitir que ese reactor tivera continuado? Vostede non pode actuar de dúas formas distintas".
.
Israel atacou o reactor de Osiraq no Iraq nunha misión fulminante e sorpresiva en 1981. Crese, tamén, que realizaron un ataque similar contra unha suposta base nuclear en contrucción en Siria en 2007. Rusia asinou un contrato con Irán para construír o reactor de Bushehr en 1995, mais adiou a finalización en varias ocasións. Ao anunciar que poderá tornar a instalación operacional en setembro, Rusia non indicou o porque de avanzar cara esa etapa final agora. Alén de Bushehr, Rusia garante que recibirá de volta o combustíbel consumido, (o material necesario para facer unha bomba nuclear) pero Irán tamén ten as súas propias instalacións de enriquecemento de uranio. Ilan Berman, especialista en Irán da Foreign Policy Council, manifestou que as instalacións de enriquecemento de uranio son a espiña dorsal dos esforzos iranianos para obter armas nucleares e el sospeita que elas, ao contrario de Bushehr, si poden ser o albo primario no caso dun ataque de Israel. Berman suxire que Bolton estaría creando unha falsa imaxe ao focar no abastecemento do reactor de Bushehr. "Non está claro que Bushehr poida ser tido como un obxectivo importante porque está só indirectamente relacionado con calquera programa de armas nucleares iraniano", manifestou. "A miña sospeita é que iso non é algo crucial (isn?t a game changer). Iso non dará ao Irán material suficiente para construír unha bomba de noite para o día". Berman engadiu que xa que Bushehr é a instalación nuclear iraniana máis coñecida, e ben monitorada polos inspectores internacionais, tamén sería a demandante menos probábel a ser utilizada para construír unha bomba, a pesar de que Berman afirma que, cando estea operacional, será un "enorme golpe de relacións públicas para os iranianos". Bolton non acepta a idea de que os inspectores internacionais poderían conter a ameaza do reactor de Bushehr, lembrando que os inspectores xa foron expulsados. Bolton tamén dixo que é improbábel que Israel ataque Bushehr agora e faga outro ataque contra as instalacións de enriquecemento os próximos meses porque esa sería unha tarefa moito máis difícil. Por un motivo: el considera que un ataque en Bushehr podería incentivar aos rusos a trasladaren para o Irán os seus sistemas de mísiles de defensa, que eles xa acordaran vender a Teherán, mais que na práctica estaban rexeitándose a entregar. Ao contrario diso, afirma Bolton, se Israel ataca agora sería en obxectivos múltiples. Irán, pola súa banda, non fala sobre a posibilidade dun ataque de Israel.
.
O martes, o voceiro do Ministerio de Relacións Exteriores, Ramin Mehmanparast, afirmou que "esa ameazas de ataque sionista tornáronse repetitivas e perderon o seu significado". Ramín tamén afirmou aos correspondentes en Teherán que "de acordo co dereito internacional, as instalacións que conteñen combustíbel real non poden ser atacadas por causa das consecuencias humanitarias". A retórica vén ao mesmo tempo en que os EUA aumentan as sancións como parte de seu esforzo de elevar a presión sobre Irán. O pasado martes, o tesouro dos EUA anunciou ducias de nomes de bancos e individuos iranianos que serían afectados polas sancións.
.


Comentarios