Unha análise de Debka http://www.debka.com/
.
Catro exércitos en estado de alerta mentres Jamenei (o máximo líder de Irán) faise cargo da crise do Líbano
Teherán puxo todo o seu peso detrás de Hezbolláh, O seu líder, Hassan Nasrallah, avanzouno horas antes do seu polémico discurso do luns, 9 de agosto, ao declarar que o "Líbano, Iraq e Afganistán son o cinto de seguridade de Irán", e Irán envío ao seu Director do Consello de Seguridade Nacional (NSC), Saeed Jalili, quen tamén leva a negociación, a Beirut este pasado domingo para fortalecer esa alianza. Esta información foi confirmada a DEBKA directamente por fontes iranianas. Á súa chegada, o xefe do NSC iraniano reuniuse con Nasrallah e co asistente do líder espiritual Ali Akbar Velayati, quen chegou a Beirut o pasado xoves 5 de agosto, despois de que estalase o incidente na fronteira libanesa-israelí, e aínda hoxe permanece alí. Jalili logo marchou en dirección a Damasco para proporcionar ao presidente sirio Bashar Assad algunhas das súas "impresións". Segundo as nosas fontes, nunha conversa que se prolongou até a madrugada do luns, o funcionario iraniano expresoulle con claridade que Teherán non ía tolerar o acordo consumado por Assad co rei saudita Abdullah, polo cal se desprende un enfriamento e incluso unha redución das relacións de Siria con Hezbolláh. O líder supremo iraniano, o aiatolá Ali Jamenei, fíxose cargo claramente da situación libanesa. El mantén o control a través de dous altos funcionarios estacionados en Beirut e Damasco, así como con Nasrallah, quen se prepara para acusar a Israel de asasinar ao primeiro ministro libanés Rafiq Hariri en febreiro de 2005.
Esta é a táctica que Nasrallah está a usar para chantaxear ao goberno de Hariri (fillo de Rafiq Hariri) coa ameaza dunha guerra civil e/ou unha confrontación militar con Israel se non se disolve o tribunal especial da ONU (que investiga o asasinato de Rafiq Hariri) e así evita a entrega de líderes de Hezbolláh acusados ao tribunal. Con Teherán oscilando sólidamente detrás de Hezbollah ao máis alto nivel, Israel, Líbano e Siria puxeron en alerta aos seus exércitos, xunto con Hezbolláh, preparados para calquera escenario. Irán asegurouse de que as tensións fronteirizas se mantivesen en alza despois de que francotiradores do exército libanés matasen a un oficial israelí nun enfrontamento o pasado martes 5 de agosto. Como xa DEBKA informou nese momento, un grupo de oficiais de intelixencia iranianas percorreron abertamente as fronteiras do sur do Líbano e estudaron as posicións israelís, asegurándose de que foran vistos ao lado israelí. Aínda están presentes en posicións de avanzada de Hezbolláh.
O pasado domingo, o ministro de Exteriores libanés, Ali Al-Shami, voou a Teherán para solicitar a súa axuda á hora de baixar o ton do ultimato exposto por Nasrallah ao primeiro ministro Saad Hariri, no devandito ultimato pídese que se disolva o tribunal especial establecido pola ONU e o Líbano para investigar o asasinato do seu pai e se acusa a Israel ante o Consello de Seguridade da ONU. Al-Shami sostivo que este movemento rompería a unidade do goberno do Líbano e abriría as portas a unha nova guerra civil e/ou guerra con Israel. A súa apelación ao presidente Mahmoud Ahmadinejad caeu en oídos xordos. No seu lugar, o Director do Consello de Seguridade Nacional iraniana foi enviado nun avión especial a Beirut para fortalecer a posición do líder de Hezbolláh. Isto despréndese do seu comentario: "O poder da resistencia e a unidade do exército libanés non permitirá que o réxime sionista corte incluso unha árbore. Anteriormente, o réxime sionista podería avanzar cara ás fronteiras de Beirut sen medo. Hoxe, o exército sionista recibiu unha forte resposta de Resistencia Islámica...".
As súas palabras significan que, para Teherán, o noveno batallón do exército libanés xa non é unha entidade independente e autónoma, senón parte integrante de Hezbolláh e un socio na súa misión rexional.
Gran exercicio militar israelí como resposta ás acusacións de Nasrallah dun complot israelí para eliminar aos dirixentes libaneses
O líder de Hezbollah, Hassan Nasrallah, acusou a Israel de conspirar para asasinar a todos os líderes políticos e militares do Líbano nun discurso que pronunciou a noite do luns 9 de agosto, por tanto eleva a súa acusación anterior na que só acusaba o Estado xudeu do asasinato de Hariri en 2005. A pesar de que non presentou ningunha proba, os seus patrocinadores iranianos estaban visiblemente ao seu lado. O importantes é que derramou suficiente combustible sobre as xa incendiarias relacións entre Israel e o Líbano, e as fronteiras entre Israel e Siria, o xusto como para provocar que un espectacular exercicio militar israelí comezase onte martes 10 de agosto.
O chanceler iraniano, Manouchehr Mottaki, estaba de camiño mentres tanto a Damasco para lograr que Bashar Assad se botase atrás da súa promesa ao rei saudita Abdullah de romper con Hezbolláh. O embaixador iraniano exhortou ao xefe do persoal do exército libanés, o xeneral Jean Qahwajiy, e aconselloulle que demandase un novo acordo militar iraniano-libanés para substituír aos EEUU por Irán como principal provedor de armas do exército libanés. Nun intento por manter a súa posición en Beirut, Washington enviou a Beirut o seu principal experto sirio-libanés, Fredric Hof, para advertir ao xeneral Qahwaji dun posible deslizamiento cara a Irán ou de emprender unha nova agresión transfronteiriza contra Israel. DEBKA xa esbozou as presións existentes nas relacións entre Irán e Siria e as tensións que deron lugar a todas estas idas e vindas, e que levaron a que catro exércitos se poñan en estado de máxima alerta e fagan que o líder de Hezbolláh estea o suficientemente desesperado como para ameazar ao seu país coa guerra civil e con provocar un enfrontamento con Israel.
Israel trasladou unha gran concentración de tanques, infantaría blindada e artillaría no norte como unha advertencia adicional a Teherán, Damasco e Beirut, para que non permitan que as súas crises internas se estendan cara ás fronteiras de Israel ou xeneren unha repetición da emboscada do 3 de agosto na que o tenente coronel Dov Harari foi asasinado por un francotirador do Líbano. O luns pola noite, o exército israelí advertiu aos cidadáns e excepcionalmente aos automobilistas que terían que soportar o tráfico pesado de vehículos militares nas estradas do norte de Israel, desde o centro do país até as costas do Lago Kinneret, Alta Galilea e o Golán. Nasrallah comezou facendo unha recompilación das accións que segundo el axentes israelís tramaran contra o Líbano na década de 1990, e pasou despois a acusar a Israel de conspirar para asasinar o presidente libanés Michel Suleiman, ao xefe do Estado Maior Xeneral Jen Qahwaji, ao líder do movemento Amal Nabih Berri - presidente do Parlamento -, ao primeiro ministro Saad Hariri e ao líder do movemento cristián Falanxe, Samir Geagea. "E que é o que motiva que Israel queira facer táboa rasa de todo dirixente libanés prol-occidental, así como dos líderes prol-iranianos?", preguntouse retóricamente Nasrallah: "Para implicar a Siria e Hezbolláh neses crimes, exactamente como no caso do asasinato de Hariri", o cal segundo el foi cometido polo Mossad israelí. Os esforzos de Nasrallah para provocar unha guerra común sirio-libanesa contra Israel revélanse totalmente transparentes e predicibles. De todos xeitos, xa conseguiu incrementar o nivel das tensións militares en curso na rexión.
Comentarios