Queres ir a un kibbutz?


O Movemento Kibbutziano propón varios programas para coñecer este fenómeno socialista e democrático, único no mundo chamado kibbutz. As estadías son entre dous e seis meses como voluntarios/as, e son unha boa opción para coñecer a vida no kibbutz xa que se comparte o traballo e o lecer cos propios membros dos kibbutzim. O ulpán kibbutz combina o ensino do hebreo co aloxamento nun lugar tan privilexiado e algunhas horas de traballo colectivo. Nos meses de verán tamén se pode optar por cursos intensivos de catro ou oito semanas en cuxo programa se inclúe historia e xeografía de Israel, obradoiros varios e visitas guiadas a puntos de interese. Para máis información sobre as diferentes opcións podes contactar: nily@fcje.org

Comentarios