Ópera na rúa en Tel Aviv

A Orquestra Filarmónica de Israel presentará dúas novas óperas no presente mes de Xullo. Con anacos de Il Trovatore de Verdi, unha das dúas óperas, sorprenderon ao público sesenta solistas e integrantes do coro. O público, como noutros eventos similares no mundo, ao comezo non entendía claramente de que se trataba. Mais axiña os amantes da ópera sumáronse aos profesionais cantando ou tarareando. O público, famento non precisamente de ópera, foi sorprendido mentres xantaba a pracer no Shuk Haojel, no centro comercial Dizengoff Center, situado no centro da cidade branca de Tel Aviv.

Comentarios