'I will survive' en Auschwitz

Adolek Kohn, de 89 anos e sobrevivente do Holocausto, ven de provocar certa polémica ao gravar un vídeo no que aparece el e a súa família bailando ao son de 'I will survive' (Eu vou sobrevivir), un éxito que fora na voz de Gloria Gaynor, nas instalacións do campo de concentración de Auschwitz e de outros. Adolek Kohn deféndese, dicindo que se trata dunha celebración da sobrevivencia e dunha maneira de explicar e trasladar a súa experiencia histórica aos seus netos. O film foi proxectado en Melbourne, Australia, en decembro do ano pasado, mais só tivo repercusión ao ser publicado en internet. As imaxes recebiron críticas na prensa alemá. Kohn defendeuse nunha entrevista emitida na TV australiana, dicindo que non tiña a intención de ofender ás vítimas do nazismo, do que el mesmo é unha, só celebrar que 65 anos despois, pode bailar cos seus netos xudeus, un símbolo de que o nazismo non conseguiu arrincar nin exterminar ao Pobo Xudeu da face da Terra como foi a súa criminal intención.

Comentarios