Diyarbakir (Turquia), 29 (Reuters/EP)
.
Soldados turcos matan a 4 militantes kurdos en enfrontamentos. Centos de soldados turcos están a participar na operación contra os militantes do PKK na rexión do leste de Turquía, converténdoa nunha das maiores dos últimos meses.
Cando menos catro membros do independentista Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) morreron o pasado mércores en enfrontamentos co Exército turco na montañosa provincia de Tunceli, manifestaron fontes do Exército turco. A operación ocorre menos dunha semana despois da incursión turca con bombas contra uns 50 obxectivos do PKK no interior de Iraq, desde onde grupos kurdos lanzan ataques contra brancos do Exército dentro de Turquía. A principios deste mes cinco rebeldes kurdos e dous soldados turcos morreron no choque que seguiu a un ataque do PKK contra un posto de comando militar preto da fronteira con Irán e Iraq. Os enfrontamentos entre o PKK e o Exército turco intensificáronse notabelmente desde a primavera boreal no montañoso sueste do país. Lembrar que o PKK tomou as armas contra o Estado turco en 1984 co obxectivo de crear un territorio kurdo independente no suleste do país, maiormente kurdo. Máis de 40.000 persoas morreron ate o momento no conflito.
Por outra banda tres militares turcos perderon a vida e outros dous foron feridos nos combates librados este sábado entre o Exército e rebeldes kurdos do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) no sueste de Turquía. Os combates tiveron lugar na provincia de Sirnak, preto da fronteira con Iraq, onde a violencia escalou nos últimos días conforme melloraron as condicións meteorolóxicas e despois de que os avións de combate turcos bombardeasen intensamente medio centenar de obxectivos en Iraq, oito días antes dos combates deste sábado. A pasada noite do mércores, na mesma zona, un soldado turco morreu e outro tres resultaron feridos como consecuencia doutro enfrontamento armado, que se produciu en Uludere (Sirnak), despois de que os soldados sorprendesen a un grupo de rebeldes kurdos no momento en que tentaba atravesar a fronteira desde as rexións montañosas iraquís en que se atopan grande parte das bases do PKK.

Reuter - 01.06.10
Comentarios
____________________
http://noticias.latam.msn.com/ar/internacional/articulo_reuters.aspx?cp-documentid=24369863