Xerusalén - 07.06.2010
Unha flotilla de solidariedade en dirección a Turquía con axuda humanitaria «para as nacións que sufriron e sufren baixo o brutal imperialismo turco (os kurdos e os armenios)» é a reacción dunha asociación de estudantes israelies en resposta ás duras críticas no mundo tras a intervención de Israel na flotilla de Gaza que deixou nove activistas mortos e varios feridos. Aínda non hai data, pero o proxecto vai moi en serio e contan xa ate cun patrón, Arik Ofir, veterano da Mariña israelí. Tamén obtiveron xa a doazón das subministracións médicas para o convoi, segundo informa www.ynetnews.com. «O mundo enteiro viu a flotilla e o pensamento de que Israel é un estado terrible, que dispara aos que se din activistas pola paz», dixo o presidente da Unión Nacional de Estudantes Torporovsky Booz. «É absurdo que sempre se poña á ocupación israelí nos titulares e non se fale sobre do terrorismo islámico. Hai moita hipocrisía no mundo», dixo. «Turquía, que dirixe a campaña en contra de Israel, é a mesma Turquía que levou a cabo un xenocidio e asasinou a unha nación enteira de armenios, e oprime a unha minoría máis grande que os palestinos -os kurdos-, que merecen un Estado independente desde hai máis tempo que a propia existencia do actual Estado de Israel ».
Comentarios