Deputado do Parlamento exipcio "axuda" a Israel



O reconto dos sucesos que tiveron lugar a bordo do barco turco "Mavi Marmara", contado por un membro do Parlamento exipcio, causa un gran balbordo nos medios dese país porque, segundo condenan, axuda ás relacións publicas israelís.

Mohamed Beltagy, membro do Parlamento exipcio pola "Irmandade Musulmá", participou na autoproclamada "Flotilla Liberdade", que foi abordada pola Mariña israelí. Tras presenciar os enfrontamentos que se desataron coa emboscada duns 40 pasaxeiros da nave turca aos soldados israelís, foi arrestado e logo liberado a Exipto. A semana pasada, Beltagy foi entrevistado no programa "10 á Noite", da canle exipcia "Dream". Durante a entrevista, declarou que os participantes da flotilla impuxéronse con forza sobre tres soldados israelís, a quen lles quitaron as armas. Esta aseveración de que se fixo uso de forza física contra os comandos israelís, desatou unha tormenta mediática, na cal columnistas exipcios aseguran que é "un agasallo de relacións publicas a Israel". Baixo o titulo de "O agasallo da Irmandade Musulmá a Israel", o columnista Abdullah Kamal, criticou as declaracións de Beltagy. "El dixo que aqueles con el no barco, impuxéronse sobre tres soldados israelís e quitáronlles as armas. Dixo isto sen entender que lle está a facer a Israel un gran agasallo, do cal se beneficiará cando unha comisión investigue os feitos que precederon ao masacre", dixo. Na súa columna, publicada no xornal "Rosalyousef", Kamal di que "no seu discurso, Beltagy está a negar que os que se impuxeron sobre os comandos israelís fosen civís que non cometeron actos violentos. Esta brindándolle a Israel a base para establecer que os seus soldados foron atacados". Kamal tampouco aforrou en críticas cara aos turcos: "Turquía non defende os intereses dos palestinos, pero os esta utilizando como as na manga para os seus propios obxectivos. O mais importante é o de converterse en intermediario entre Oriente e Occidente, o que lle garantiría a entrada á Unión Europea".

Comentarios