Por Jaume Renyer
http://blocs.mesvilaweb.cat/node/view/id/169524
1 de xuño de 2010
Por mor da crise de dimensións planetarias que desatou a abordaxe da mariña israelí á "flotilla da liberdade", e a medida que vanse coñecendo detalles da operación e vanse despregando as repercusións diplomáticas, hai dous actores que merecen unha especial consideración.
Refírome á conexión Madrid-Ankara. Madrid lidera o proxecto de Rodríguez Zapatero denominado "Alianza de Civilizacións", da cal o réxime islamita turco é o principal integrante. A sintonía turco-española ten antecedentes históricos e intereses coincidentes. A comezos dos anos oitenta os militares otománs (que constituían ate hai poucos anos a columna vertebral do réxime laico instaurado por Kemal Attaturk no ano 1922) botaron o goberno civil e asumiron directamente a gobernación do seu país. A ameaza dunha extrema esquerda revolucionaria e do renacendo nacionalismo curdo (o PKK) foran a escusa para o golpe de man orquestrado desde o poder. En Madrid, antes do 23-F do 1981, menudeaban formulacións deste tipo para ser aplicados no Estado español, afectado polas incognitas do proceso autonómico (catalán, especialmente) e sobre todo pola actividade de ETA. Ambos estados, membros da OTAN, con problemas nacionais pendentes no seu seo, e un deles incorporado á Unión Europea e o outro aspirante a entrar, co apoio español (ante a oposición alemá e francesa).
Os dous cunha acreditada -e coincidente- política de ilegalización de partidos (curdos e vascos), e no caso turco o peso da herdanza do xenocidio armenio sobre os seus ombreiros. Ambos, España e Turquía, actores secundarios dentro do panorama internacional, e europeo en concreto. O réxime neonacionalista español que quere representar Zapatero presenta a Alianza de Civilizacións como credencial, o réxime integrista islámico de Erdogan aspira a liderar o mundo musulmán no canto de aparecer como un satélite obediente de USA. Por esta razón, este último, apadriñou hai poucas semanas un pacto co brasileny Lula (outra potencia emerxente) para dar cobertura a Irán na súa pretensión de dotarse da bomba atómica e evitar que Teherán sexa sancionado pola ONU. E especialmente, visualiza ante todo o mundo o seu papel de actor principal amparando "a flotilla da paz" e encabezando a petición de represalias contra Israel. Barcelona non é a capital de ningún estado en potencia, só o decorado onde se desenvolverán as sesións da Unión para o Mediterráneo e onde os gobernos español e turco manobrarán en función dos seus intereses xeoestratéxicos. Catalunya é un pobo desorientado, sen proxecto nacional propio articulado en función dos nosos intereses nacionais, cun goberno sucursalista, sen política internacional específica. Cunha rede cívica que xoga a pór ambiente kumbaià á causa do yihadismo contra Israel, (achegando L´Estaca e uns cantos "activistas"), aparentando que é a capital europea do pacifismo. A sobredimensión que o antisionismo adquiriu entre nós é o reflexo das nosas feblezas como pobo, non a vangarda da causa da paz e da liberdade.
Comentarios