Comunicado do Ministerio de Relacións Exteriores de Israel


Sobre a Resolución do Consello de Seguridade contra Irán

Jerusalem, 10 de xuño, 2010

Comunicado da Oficina do Portavoz do Ministerio de Relacións Exteriores de Israel

Israel considera á Resolución 1929 do Consello de Seguridade de Nacións Unidas como un paso importante nos esforzos para facer que, Irán, consinta ás demandas internacionais, a saber: a suspensión do enriquecemento de uranio, incluíndo o enriquecemento ao 20%; o cesamento da construción da instalación en Qom; a total cooperación coa investigación de IAEA no aspecto militar do programa nuclear e a apertura do acceso total do organismo (á instalación).

Esta é a sexta resolución que reclama a Irán suspender o enriquecemento de uranio e cooperar coa IAEA. Irán atópase, até a data de hoxe, en flagrante violación de todas as resolucións adoptadas, demostrando o seu desdén pola comunidade internacional e as súas institucións.

É de alta importancia implementar a resolución, de xeito completo e de inmediato. Ao mesmo tempo, debería recoñecerse que -esa resolución- non é suficiente en e por si mesma e que debería estar acompañada por medidas significativas, doutros marcos internacionais e de nivel nacional. Só as sancións focalizadas nunha variedade de sectores en Irán terán, con probabilidade, influencia no proceso de toma de decisión de Irán.

É necesaria unha acción ampla e determinada a fin de deixar claro ao réxime iraniano o alto custe por continuar violando as demandas internacionais. A combinación da ideoloxía extremista de Irán xunto coas armas nucleares terá consecuencias catastróficas.

Comentarios