"Botaremos aos soldados ao mar"

"Se asaltan o noso barco, botaremos aos soldados ao mar". O Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel difundiu este venres un vídeo no que un dos líderes da flotilla "pacifista/humanitaria" insta os pasaxeiros a botar ao mar aos soldados israelís se ousan deterlles. "Millóns de mártires marchando a Gaza!", exclama. O líder da turca Fundación para os Dereitos Humanos e Liberdades e Axuda Humanitaria, Bulent Yildirim, aparece na cuberta do barco Mavi Marmara, pertencente á flotilla "solidaria" interceptada por Israel, que provocou nove mortos, dicindo a decenas de activistas/pacifistas que boten aos soldados israelíes pola borda se tentan asaltar o barco. "Se asaltan o noso barco, botarémolos ao mar", sinala Yildirim. O vídeo foi gravado o 30 de maio a bordo do Mavi Marmara por un dos pasaxeiros antes do asalto do Exército israelí. "Se mostramos medo, volverán gañar. Non queremos ser lembrados no libro de Aláh como covardes", prosegue Yildirim no vídeo, recollido polo diario israelí Haaretz, mentres se ve a decenas de pasaxeiros cantando a bucólica canción: "Millóns de mártires marchando a Gaza!!!". "Eles (Israel) son tan débiles que durante catro ou cinco días estiveron difundindo propaganda (...), foron humillados diante de todo o mundo (...), agora din que lanzarán unha frota (contra nós), que enviarán un grupo de soldados aquí", manifestou. "E nós dicimos: 'Se enviades aos soldados, botarémolos desde aquí e seredes humillados diante de todo o mundo'", indicou Yildirim aos pasaxeiros.

Comentarios