Presentación do libro


Presentación do libro "Un Estado judio y democrático. Aproximación al sistema constitucional de Israel" de Jaume Renyer e Ehud Manor, Editorial Milenio 2010

Organizado pola Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI www.amizadeconisrael.org terá lugar o vindeiro venres día 30 de abril ás 19:30 no salón de actos da Casa do Libro en Vigo, sita na rúa Velázquez Moreno 27 baixo. No acto intervirán: Jaume Renyer, Daniel Morales e Pedro Gómez-Valadés

O 14 de maio do 2009 cumpriuse o 61 aniversario da creación e independencia do Estado de Israel. É un bo momento para celebralo dando a coñecer e valorando os principios fundacionais do Estado, a súa evolución ao longo destas seis décadas de constante acoso e ameaza exterior, e as perspectivas de futuro á vista dos ricos debates que se viven hoxe en día na sociedade israelí. Temas de tanta envergadura como poden ser o carácter laico do Estado, cales son as consecuencias do recoñecemento da liberdade relixiosa e as diversas identidades étnico-culturais que existen no país, son obxecto de intensos e constructivos debates non só no interior de Israel, senón que son seguidos con expectación no resto do mundo, tanto polos partidarios e xa que logo defensores, do dereito de Israel a existir, como polos detractores máis viscerais da lexítima causa do Pobo Xudeu. Este libro pretende ser unha introdución sucinta, mais rigorosa, aos principais aspectos xurídicos e políticos que presenta hoxe o debate constitucional en Israel. Unha achega novidosa e histórica para o mundo editorial en lingua española onde este é o primeiro ensaio publicado que estuda e reflexiona sobre o rico sistema constitucional israelí.

Ehud Manor (Nizanim, 1960), licenciado en historia moderna do pobo xudeu pola Universidade de Haifa. É director do departamento de “excellent students” no Oranim College. Colaborados habitual en diferentes medios tanto en Israel como a nível internacional.
Jaume Renyer Alimbau (Vila-seca, 1958), licenciado en dereito pola Universitat de Barcelona, Profesor na Universitat Rovira i Virgili desde 1995. Membro do Consell Consultiu da Generalitat de Catalunya e actualmente presidente da Associació Catalá d´Amics d´Israel.

Comentarios