Hai uns días, a miña boa amiga Pilar Rahola ven de sufrir unha situación autenticamente esperpéntica no programa "La Noria" da canle de televisión Telecinco cando a xornalista María Antonia Iglesias recriminouna polo seu posicionamento en contra do Hiyab e do veo islámico con frases desta guisa: "eres una projudía sionista que predicas el terrorismo militar"... e ficou tan pancha...
.
.
Por absurdas que parezan as declaracións de María Antonia Iglesias, o certo é que son unha magnífica mostra da postura anti-israelí e acríticamente prol-palestina que impera masivamente nos nosos medios de comunicación. Onde calquera operación defensiva da policia ou do Exército de Defensa de Israel son comparadas cos brutais atentados terroristas suicidas dos palestinos ou fálase con toda tranquilidade e alegría de "limpeza étnica", "xenocidio", "colonización", "xudeización", "campos de exterminio"... sen a máis mínima obxectividade e rigor histórico.
.
En todo caso non deixa de ser ben curioso que nun debate de televisión onde non se debatía sobre o conflito de Medio Oriente, nin sobre Israel, nin sobre Irán... e que unha xornalista das "grandes" acuse de "sionista" e "prol-xudía" (como se isto fose un insulto) a outra colega para tentar desacreditar o seu posicionamento nun tema concreto como é neste caso a prohibición ou non do Hiyab ou do veo islámico nas escolas públicas españolas, é unha boa mostra da israelofobia ou cando non a aberta xudeofobia -politicamente correcta- que impera na nosa clase política, nos nosos medios de comunicación e na nosa sociedade.
.
Porque o que realmente con certeza quería dicir María Antonia Iglesias era que "como Pilar Rahola es projudía" a súa opinión fica invalidada en calquera tema a debate. Eis o video do programa en cuestión:
Comentarios