Unha convención de torturadores


Por Jorge Marirrodriga
http://israeltodos.blogspot.com/

Si algún lector pensaba que unha reunión de tiranos e torturadores é un encontro clandestino que, de celebrarse, faino nun grupo reducido e lonxe de calquera foco informativo para non chamar a atención, non ten máis que botar unha ollada ao cumio da liga Árabe para darse de conta do equivocado que está. É moi difícil atopar unha reunión internacional con tal proporción de ditadores, violadores dos dereitos humanos e animadores do terrorismo internacional. E isto non é unha opinión, senón un feito comprobable.
Alguén pode explicar que fai Ban Ki Moon, o secretario xeral de Nacións Unidas, un organismo baseado sobre unha Carta fundacional que consagra os Dereitos Humanos, sentado entre o coronel Muammar Gaddafi, un ditador que fixo estalar avións cheos de civís, e o rei de Arabia Saudita, un ditador que considera sub-humano a todo aquel que non é musulmán? Como non vai ter un problema de credibilidade a ONU?

A liga Árabe está preocupadísima pola situación dos palestinos. Quen? Bachar al Assad, un ditador que trata como cidadáns de segunda sen dereitos aos palestinos que viven en Siria aínda que xa haxa dúas ou tres xeracións nadas alí? O emir de Kuwait, un ditador que cargou sobre os palestinos a culpa (e o castigo) da invasión do seu país por Iraq en 1990?
A liga Árabe quere o establecemento dun Estado Palestino. Unha democracia como, por exemplo, Mauritania ou Iemen? Pero están de coña? O peor é que aqui fale a liga Árabe e pareza que o faga a Academia das Ciencias de París. Falemos claro: a liga Árabe é unha convención de torturadores e calquera resolución do concello máis pequeno de Lituania ten moita máis lexitimidade moral que calquera cousa que poidan dicir eses sátrapas.

Comentarios