Posición do Goberno israelí sobre o proceso de paz coa ANP


1. O Goberno de Israel apóia un acordo pacífico, que sexa incrementábel, verificábel e baseado nos resultados palpábeis. O adianto nos dous planos - a protección dos intereses de seguridade de Israel e o progreso do proceso político - deben estar totalmente sincronizados.
2. As obrigas estipuladas na "Folla de Ruta" deben ser respectadas.
3. Israel cumprirá todas as obrigas que foron aprobadas por gobernos israelís anteriores.
4. O control de Gaza por Hamas creou unha nova situación que se manifestou de maneira grave e angustiante, incluíndo o plano interno palestino, con terrorismo de foguetes Qassam disparados contra Israel e a pasada operación contra Hamas na Faixa de Gaza.
5. A opinión que manifestaba que unha política de concesións unilaterais faría avanzar o proceso político, non conseguiu os resultados que Israel agardaba. De feito, ocorre exactamente o oposto. Deixando de lado a reciprocidade e os intereses de seguridade de Israel, houbo un afortalamento significativo dos elementos extremistas e un aumento sustancial na taxa e magnitude das ameazas que Israel ten e terá que afrontar.
6. O Goberno de Israel enfocará todos os seus esforzos para obter acordos co obxectivo de alcanzar estes planos de acción nos varios dominios, a fin de mellorar a calidade de vida nas áreas da Autoridade Palestina, alén de facilitar o seu desenvolvemento económico.

Comentarios