Por Jaume Renyer
Evidentemente, o contido das deliberacións non ten ningún valor nin xurídico (nin ningún tipo de autoridade moral), pero si que ten un efecto político inegable: recoloca a Barcelona ao mapa do antisionismo global. O nexo de unión dos reunidos é a negación do recoñecemento do dereito do pobo xudeu a ter un estado propio, aquilo que o tardocomunismo denomina "antisonismo". Si aquilo que impulsaran os integrantes deste curioso tribunal (onde o acusado non ten dereito á defensa) fose o desexo de paz unversal habería moitos outros conflitos sobre os que intervir. Pero só actúan contra os estados occidentais, esquecendo calquera tipo de intervención ante xenocidios como os do Darfur, ou masacres como a lebada a cabo contra a resistencia tamil en Sri Lanka. O que me parece máis preocupante é a complicidade de institucións catalás (como o Ajuntament ou a Universitat de Barcelona) e a conivencia mediática (Tv3, os primeiros) con esta impostura de nivel internacional. Catalunya, un pobo sen estado, sen capacidade para protagonizar o noso propio conflito de liberación nacional, transformouse nun xeito de parque temático das causas antiliberais, anticapitalistas, antieuropeistas desprovístas de ningún tipo de contido efectivo cara á saúde do pobo catalán. A complicidade gobernamental (española e autonómica) con este tipo de imposturas banais dá unha aparencia de veracidade a este tipo de espectáculos perversos. Barcelona sitúase así á altura das manifestacións antiisraelies que periodicamente teñen por escenario Teherán e Beirut (a cargo de Hezbollah) e de forma itinerante nas diversas capitais occidentais da ruta da antisonismo global. A designación da capital catalá como sede da Unión para a Mediterráneo non é allea a esta presenza do Tribunal Russell.
Comentarios