O IV Reich... en Valencia?

Josep Carles Laínez durante unha conferencia en Vigo organizada por AGAI


Por Josep Carles Laínez

http://www.diariocriticocv.com/opinion/columna/josep/carles/lainez/3948.html
.
Non saben que significa Israel nin onde fica, non teñen nin idea de que é unha sinagoga, non viron na súa vida a un xudeu, descoñecen que na Península Ibérica a presenza hebrea remóntase a dous mil anos, pero aos nenos do colexio público "El Castell" de Almoines (La Safor) empezaron a lavarlles o cerebro, e con todo un clásico: xa se lles fixo saber, de certo, que canto está relacionado coa xente de Israel é malo, asasino, bélico, conflitivo, mortal... Saltou a polémica aos medios nacionais, españois e occidentais, durou dous días, e de novo o silencio. Ninguén nos vai a facer sinalar a eses nenos de 8, 9 e 10 anos; na súa inocencia e indefensión creron facer algo bo, ao cal, ademais, instáronlles desde a alta autoridade que supón un profesor. Atacalos sería tan mezquino como desprezar aos menores prostituídos ou violentados sexualmente; talvéz a coartada dos seus agresores é que, coma son pequenos, non chegan a distinguir as cousas, non comprenden que se lles está facendo, e non se lles causa ningún mal. Porque quen "explica" unha situación tan complexa como a do conflito entre Israel e os palestinos cos resultados á vista, está a dedicarse a agredir aos nenos, a corrompelos.
.
As cartas enviadas co cuño do colexio (e subliño) público "El Castell", galardoado coa Creu de Sant Jordi da Generalitat de Catalunya en 2005 polo seu compromiso coa identidade e a lingua catalás, causan a mesma repulsión que a pederastia, pois no fondo estase pervertindo a inocencia duns nenos, manipulóuselles coa única finalidade de sementar antisemitismo, xogouse con eles para a simple incitación ao odio. Tras as cartas, algúns profesores e pais de alumnos (tamén directivos?) do mencionado colexio valenciano e, en certo xeito, Amnistía Internacional, como moi ben recoñeceron todos eles na reportaxe emitida pola Sexta o 4 de marzo de 2010 no seu informativo nocturno.
.
O feito recibiu resposta desde varias tribunas, pero non desde as suficientes. Quizais está a calar aos poucos esa mentalidade tan perigosa de que "ben, é normal, que se esperaban?" E quen nos comprometemos coa xustiza e non con adoutrinar parece que unha e outra vez debemos de repetir os mesmos argumentos, e en especial unha ecuación ben concreta e real: todo antisionismo é antisemitismo disfrazado, e incomprensíbel desde a perspectiva que sexa. Alguén se imaxina unhas cartas "infantís" tendo como branco aos xitanos ou aos musulmáns? A que linchamento mediático -e con toda razón- estaría a ser sometido o colexio, a Conselleria de quenda e a Generalitat? Con Israel, tanto ten, dá igual. Pasada unha década do século XXI, aos nenos da nosa terra ségueselles contando o malos que son os xudeus. Resultaría patético se non fose arrepiante.

Comentarios