Hamas e a súa patada no cu á prensa


Por Jorge Marirrodriga

http://israeltodos.blogspot.com/
.

Para que logo digan que a Hamas non lle preocupa a liberdade de expresión. Foi liberado Paul Martin, o xornalista británico retido en Gaza despois de entrar na Franxa para testemuñar a favor dun palestino acusado de espiar para Al Fatah e do que xa se falou neste blog. Total só pasou un mes encarcerado en Gaza e foi expulsado cunha patada no cu e a advertencia, feita por Mahmoud Al Zahar, dirixente da xenerosa banda, de que nin se lle ocorra pór un pé en Gaza "porque non é benvido". Por certo e que traballo de xornalista facía Martin en Gaza? Pois se encargaba de investigar o contrabando de armas a través dos túneles e recollía testemuños sobre a utilización de nenos palestinos como escudos humanos por parte de Hamas durante Chumbo Fundido. Vaia que era un xornalista que non facía correctamente o seu traballo, por exemplo, contando vivendas en construción en Xerusalén Este. Menos mal que aí están Hamas e os seus cárceres para dicirnos quen é un xornalista e quen un espía. Do palestino acusado por Hamas nin unha palabra, claro.

Comentarios