SERMÓN DO VENRES NA TV PALESTINA


Sermón oficial do Venres da Autoridade Palestina na televisión oficial palestina


"Os xudeus son os inimigos de Alá'... A nosa inimizade mutua con eles é unha cuestión de fe máis que un asunto pertinente á ocupación e á terra... 'O Profeta Muhammad dixo: Vostedes combaterán aos xudeus, e os matarán'... 'Esta terra só será liberada a través do jihad'.

O sermón do Venres que foi dado na mesquita Bourin de Nablus, o pasado 29 de xaneiro foi virulentamente antisemita, onde o predicador realizou declaracións tales como: "Os xudeus sempre serán xudeus. Mesmo se os burros deixasen de rebuznar, os cans de ladrar, os lobos de ouvear e as serpes de morder, os xudeus non deixarán de ser hostís aos musulmáns". O Ministro de Dotacións Relixiosas da Autoridade Palestina Mahmoud Al-Habbash debía pronunciar o sermón do Venres, pero chegou tarde, despois de sufrir un retraso. Pode ser visto sentado na audiencia durante o sermón, e posteriormente, fixo unha breve declaración.

Para ver o video pica na seguinte ligazón:

http://www.memritv.org/clip/en/0/0/0/0/0/0/2367.htm.

De seguido podes ler algúns estractos do sermón.

'A nosa inimizade mutua cos xudeus é unha cuestión de fe'
Predicador: "Palestina foi sometida a unha odiosa ocupación das súas terras e lugares sacros por estes neo-mongoles, quen perpetraron, nesta pura, santa e bendita terra, actos de matanzas, asasinatos, destrución, expropiación, xudaización, acoso e a fragmentación da patria.
"Esta é unha clara evidencia do odio que albergan e do seu racismo sen precedentes. Este é o nazismo do século 20 [sic].
"Os xudeus son os inimigos de Aláh e do seu Mensaxeiro. Eles son os inimigos de Aláh e do seu Mensaxeiro, os inimigos da humanidade en xeral, e dos palestinos en particular. Eles estannos combatendo con todo tipo de crimes, e mesmo as mesquitas non escaparon ao seu racismo.
"Para a xente que colocaron trampas aos profetas de Aláh - arréstenos, mátenos e engánenos - é mil veces máis fácil porlle trampas aos seguidores destes profetas. A nosa inimizade mutua cos xudeus é unha cuestión de fe máis que unha cuestión relativa á ocupación e a terra". [...]
"Os xudeus sempre serán xudeus. Mesmo se os burros deixasen de rebuznar, os cans de ladrar, os lobos de ouvear e as serpes de trabar, os xudeus non deixarán de ser hostís aos musulmáns.
"O Profeta Muhammad dixo: 'Cando dous xudeus se atopen a soas cun musulmán, pensan só en matalo'. Oh musulmáns, esta terra, estes lugares sacros e estas mesquitas só serán liberadas cando volvamos ao Libro de Aláh, e cando todos os musulmáns estean preparados para converterse en mujaidines pola causa de Aláh, en apoio a Palestina, os seus pobos, a súa terra e os seus lugares santos".
'Esta terra só será liberada a través da jihad'
"O Profeta Muhammad dixo: 'Vostedes combaterán contra os xudeus, e os matarán, ate que as árbores e as pedras falen, dicindo:' Oh musulmán, oh servente de Aláh...'
"As árbores e as pedras non dirán: 'Oh árabes', ou 'Onde están os millóns [de árabes]', ou 'Onde están todos os pobos árabes'... Eles dirán: 'Oh musulmán, oh servente de Aláh, hai un xudeu detrás de min, ven e mátao - a excepción da árbore de gharqad, o cal é a árbore dos xudeus". Esta terra só será liberada a través da jihad". [...]
Predicador: "Oh Aláh, toma aos xudeus".
Multitude: "Amén".
Predicador: "Oh Aláh, toma aos xudeus".
Multitude: "Amén".
Predicador: "Oh Aláh, toma aos xudeus e aos seus axudantes".
Multitude: "Amén".

Comentarios