PARTISANOS XUDEUS

Fotografía dun grupo de partisanos xudeus da "Brigada Leninsky Komsomol." Data: c. 1941-1944 Lugar: Poland Fonte: USHMM (Jack Lennard Arquive)

Membros da Armee Juive gozan dun picnic nun campo de adestramento nos Alpes. En 1944, a Armee Juive congregou perto de 2,000 partisanos de distintos grupos. O grupo foi responsábel de centos de accións armadas, incluindo ataques a líñas de ferrocarril e a demolición de fabricas alemanas.
.
Por Jorge Isaac

A maioría da xente nunca escoitou falar dos 20 a 30 mil xudeus que loitaron contra os nazis como partisanos. Eles foron responsábeis da voadura de miles de convois blindados e de frustrar a máquina de guerra nazi en innumerábeis ocasións e países. Esta información ten o poder de transformar a percepción da xente respecto da experiencia xudía durante a Segunda Guerra e a Shoah. Coñezo a uns poucos chilenos xudeus que foron parte da historia como partisanos, unha historia dispersa pero que a Jewish Partisan Eduacation Fundation (JPEF) unificou grazas á súa misión: Desenvolver e distribuír material educativo sobre a vida dos partisanos xudeus así como das súas leccións de vida. Levando está información ás organizacións educativas e culturais, celebrando así; a heroica resistencia contra a tiranía. JPEF produciu un amplo e suxestivo plan de estudos chamado RESIST, destinado a transmitir os entendementos duradeiros que se derivan das historias dos partisanos xudeus. Con capas de interactividade sen precedentes na maioría dos plans de estudo, RESIST está deseñado para estudantes de 6 º a 12º grao en contextos formais e informais. RESIST está a aplicarse xa en escolas xudías e laicas en todo o mundo.

http://revistaoz.wordpress.com/

Comentarios