"Zapatero podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra"
A líder de UPyD, Rosa Díez, utilizou o termo "gallego" como insulto ao presidente do Goberno español. Está é xa a segunda vez que Rosa Diez fai declaracións así e, non rectificou nin a primeira ocasión e seica non pensa rectificar nesta segunda. As súas declaración tiveron lugar durante unha entrevista emitida en CNN+ co xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". Non é a primeira vez que a portavoz nacional de UPyD insulta aos galegos desta maneira. En decembro pasado, Rosa Díez cualificou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo de "covarde" por, ao seu xuízo,"O Goberno de Feijóo fixo moitas promesas pero non concretou. Non se pode ser covarde, hai que facer o que se prometeu. Para min, está a ser demasiado galego, no sentido pexorativo do termo", manifestou entón Díez. Agora reincide e non debemos deixar de salientar a chamativa complicidade do entrevistador que nin corrixe nin parece extrañarse das palabras da Sra.Diez. Miserábel e indignante actitude galegófoba a desta señora deputada e a do seu entrevistador que non teñen xustificación posíbel. Podes ver as súas declaracións nesta entrevista emitida pola canle CNN+ a partir do minuto 5.00
Comentarios